Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de decembro de 2014

    Unha empresa de nova creación da Universidade do Miño (Portugal) está a desenvolver un tradutor para a lingua de signos portuguesa que poderá axudar a resolver moitos dos problemas cos que se atopan no seu día a día os cidadáns xordos portugueses.

    Fonte: Correio do Minho

    10 de decembro de 2014

    Alemaña, Croacia, Francia, Polonia, Romanía … e mesmo China, este cuadrimestre foron arredor de 40 as mozas e mozos que chegados de diferentes lugares da xeografía mundial aproveitaron a súa estancia en Galicia para coñecer máis de preto a lingua e a cultura do destino que elixiron para realizar as súas estadías internacionais.

    Fonte: Universidade de Vigo

    10 de decembro de 2014

    O Departamento de Saúde do Goberno de Navarra vai implantar no Hospital Reina Sofía de Tudela un sistema de videointerpretación da lingua de signos co fin de favorecer a accesibilidade á información e á comunicación das persoas xordas e favorecer a igualdade de oportunidades deste colectivo no acceso á saúde.

    Fonte: La Información

    10 de decembro de 2014

    O Goberno vasco destinará 774 000 euros para poñer a disposición de todos os profesionais xurídicos que traballan en Euskadi as ferramentas necesarias para que poidan exercer o seu traballo integramente en éuscaro.

    Fonte: El País

    09 de decembro de 2014

    O Consello Nacional de Educación de Turquía presentou unha proposta que pretende introducir materias de lingua turca otomá nos centros de ensino secundario. A iniciativa orixinou un importante debate sobre a necesidade de aprender esta lingua e algúns membros declararon que esta opción debe ser opcional e non obrigatoria.

    Fonte: Hurriyet Daily News

    09 de decembro de 2014

    Qiu Yuanping, xefa da Oficina de Asuntos Chineses no Estranxeiro do Consello de Estado de China, declarou, con motivo dunha conferencia, que o país asiático formará 30 000 docentes de chinés como lingua estranxeira antes de finais de 2017 co fin de fomentar a lingua e cultura chinesas no estranxeiro.

    Fonte: Business Standard

    09 de decembro de 2014

    O Instituto Galego de Estatística (IGE) presenta os datos da Enquisa de condicións de vida das familias do ano 2013, que se centrou, como xa acontecera no 2003 e 2008, na análise do coñecemento e uso do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de decembro de 2014

    A nova edición da campaña “E ti, xogas en catalán?” comeza con cifras moi positivas: xa son máis de 377 os comercios que se adheriron, un 40 % máis có ano pasado a estas alturas. Tendo en conta que a campaña segue aberta, espérase que a cifra final supere os 400 establecementos adheridos.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    09 de decembro de 2014

    O Concello de Barakaldo (Biscaia) repartirá 93 axudas para o estudo do éuscaro, que suman mais de 25 000 euros e non poderán superar o máximo estipulado na normativa de axudas, que é de 545 euros por persoa empadroada no municipio.

    Fonte: 20 minutos

    05 de decembro de 2014

    O antigo presidente da República de Portugal, Jorge Sampaio, considerou na sesión de apertura das Conferencias de Lisboa que a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) "podía aproveitar mellor" o feito de ter unha lingua común, defendendo máis políticas concertadas de cooperación para o desenvolvemento.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder