Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de decembro de 2014

    Dúas das propostas de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística posto en marcha por terceiro ano consecutivo pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para promover a celebración do Nadal en galego, chegará á capital de Galicia a vindeira semana da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rendeulle homenaxe en Silleda (Pontevedra) ao escritor, activista cultural e galeguista Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de decembro de 2014

    A Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza Musicando no Nadal, un programa de concertos en galego para público familiar con nenas e nenos a partir de 4 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de decembro de 2014

    Lectorados e cátedras de estudos galegos por todo o mundo espallan a cultura e a lingua de Galicia entre universitarios que ás veces complementan os seus estudos cos das outras linguas do Estado e o portugués.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de decembro de 2014

    A Comisión de Cultura do Congreso rexeitou a proposición non de lei que lle pedía ao Goberno solicitar á Real Academia da Lingua Española o recoñecemento da lingua asturiana no seu dicionario.

    Fonte: ABC

    18 de decembro de 2014

    Acaba de facerse público o currículo aprobado para as ensinanzas de 0 a 3 anos en Asturias. O texto é, a xuízo de Iniciativa polo Asturiano, unha mostra de como a Administración asturiana fai todo o posible por expulsar a lingua asturiana do sistema educativo.

    Fonte: Infoasturies

    18 de decembro de 2014

    O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, destacou que a saúde dixital do éuscaro é “boa”, como amosa, por exemplo, o feito de que actualmente se utilizan en internet só o 5 % das linguas do mundo e unha delas é o éuscaro. A pesar disto, afirmou que o reto debe ser “utilizar todos os produtos que as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ofrecen e, en consecuencia, ampliar o mercado das TIC en éuscaro".

    18 de decembro de 2014

    Protexer a lingua galega botando man das ferramentas máis usadas polos treitos de idade onde menos se emprega a lingua e, polo tanto, máis cómpre promovela e visualizala é o grande obxectivo da campaña #EuEnGalego.

    Fonte: Código Cero

    17 de decembro de 2014

    Cinco das máis de 150 linguas indíxenas faladas no Brasil contan con máis de 10 000 falantes, segundo os datos do censo de 2010 do Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística (IBGE). De acordo con estes datos, as linguas máis usadas no Brasil son o tikuna (34 000 falantes), o guaraní kaiowá (26 500), o kaingang (22 000), o xavante (13 300) e o yanomami (12 700).

    Fonte: EBC

    17 de decembro de 2014

    O servizo de tradución en tempo real de Skype (Skype Translator) xa está oficialmente dispoñible. A tecnoloxía presentada este ano permite a tradución en tempo real de conversas en linguas diferentes, de momento en inglés e español.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder