Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de outubro de 2014

    O idioma español representa en torno ao 15 % do produto interior bruto (PIB) e do emprego en España, o que significa que a lingua castelá achega o equivalente a 150 000 millóns de euros a España.

    Fonte: La Información

    20 de outubro de 2014

    Nos últimos 30 anos o éuscaro gañou 318 000 falantes, máis de 10 000 ao ano, fronte ao descenso de 400 000 falantes monolingües de castelán. Estas cifras evidencian un avance notable do bilingüismo e do coñecemento do éuscaro, pero o Goberno vasco quere máis.

    Fonte: Noticias de Álava

    20 de outubro de 2014

    O Concello de Estella concedeu, a través da comisión municipal de Cultura, axudas a veciños da cidade para a aprendizaxe de éuscaro por un total de 3744 euros e cun máximo de 250 por solicitude. As subvencións cobren tanto a formación en cursos extensivos como intensivos.

    Fonte: Diario de Navarra

    20 de outubro de 2014

    A Consellería convocará este curso a primeira consulta ás familias para que decidan que lingua de ensino queren para os seus fillos: castelán ou valenciano. Cumprirá así cun dos artigos do decreto de plurilingüismo de 2012, que introduciu a novidade da votación «sobre a preferencia do programa que se deberá realizar en cada centro aos pais».

    Fonte: El Mundo

    17 de outubro de 2014

    Un comité especial de gregos no estranxeiro solicitoulles de xeito unánime aos ministerios gregos de Educación e Cultura que tomen medidas inmediatas para elaborar un decreto presidencial que estableza un día internacional da lingua e a cultura gregas.

    Fonte: Greek Reporter

    17 de outubro de 2014

    Os novos dominios .wales e .cymru foron lanzados oficialmente na Asemblea do País de Gales e un bo número de organizacións e institucións galesas adoptaron xa os seus novos enderezos dixitais.

    Fonte: Wales Online

    17 de outubro de 2014

    A Semana da Lingua Italiana no Mundo é un acontecemento de promoción do italiano como lingua da cultura clásica e contemporánea que a rede cultural e diplomática do Ministerio italiano de Asuntos Exteriores organiza cada ano na terceira semana de outubro sobre un tema que serve de base para a celebración de conferencias, mostras, espectáculos e encontros con escritores e persoeiros da cultura italiana. O tema deste ano é "Escribir a nova Europa: a industria editorial italiana: escritores e lectores na era dixital".

    17 de outubro de 2014

    A disciplina de lingua portuguesa será impartida en dúas escolas de ensino secundario de Noruega. O Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa destaca que esta iniciativa se debe ao esforzo da embaixadora de Portugal en Oslo, Clara Nunes dos Santos, que recibiu o recoñecemento de "embaixadora de linguas estranxeiras" das autoridades norueguesas pola súa acción continuada a prol da promoción do portugués.

    Fonte: Mundo Português

    17 de outubro de 2014

    Un total de 400 alumnas e alumnos de 18 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras –concretamente en inglés- convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de outubro de 2014

    Hai 20 anos, nunha pequena universidade do País de Gales (Reino Unido), a de Aberystwyth, nacía a primeira páxina web en galego da historia. O seu creador foi un rapaz de Coristanco: Alfonso Xavier Canosa Rodríguez.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder