Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de febreiro de 2015

    Os datos que se ofrecen reflicten o emprego maioritario do castelán na docencia. Tamén se mostra como os usos lingüísticos son diferentes en función do departamento e da categoría do profesorado.

    Fonte: O Cartafol

    04 de febreiro de 2015

    O Concello de Santurtzi anunciou as actividades do Plan de acción para a promoción do uso do éuscaro correspondentes ao ano 2015, entre as que haberá campañas en centros educativos, comercios e internet.

    Fonte: El Correo

    04 de febreiro de 2015

    O Mapa Lingüístico do Goberno de Navarra descubriu que o uso e coñecemento do éuscaro descendeu na zona vascófona, aínda que o número total de falantes desta lingua na comunidade aumentou.

    Fonte: EiTB

    03 de febreiro de 2015

    O Goberno francés considera prioritario o dominio da lingua francesa e quere introducir un sistema de avaliación do nivel do alumnado no ensino primario.

    Fonte: Le Figaro

    03 de febreiro de 2015

    Un novo estudo sobre o uso real da lingua galesa revela que o 11 % da poboación do País de Gales de máis de tres anos fala galés con fluidez, 7000 persoas menos que hai dez anos.

    Fonte: Wales Online

    03 de febreiro de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou, no IES Taboada Chivite de Verín, a primeira actividade do trimestre do proxecto de dinamización lingüística Dragal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de febreiro de 2015

    O debate está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago e leva por título “Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de febreiro de 2015

    Esta convocatoria, posta en marcha pola Biblioteca Ánxel Casal, ten como finalidade promover a creatividade e a creación literaria en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de febreiro de 2015

    O Servizo de Normalización Lingüística organiza novas actividades nos centros de ensino de ESO, Bacharelato e FP, así como 4º, 5º e 6º de Primaria.

    Fonte: Concello de Vigo

    02 de febreiro de 2015

    A utilización dos idiomas nacionais de Angola na música é un elemento imprescindible para valorar e reforzar a identidade cultural, declarou a cantante angolana Lina Alexandre.

    Fonte: ANGOP

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder