A editorial francesa Larousse retirou do mercado o dicionario Le Breton dans votre poche ("O bretón no seu peto") pola abondosa presenza de erros. A corrección correrá a cargo da Oficina Pública da Lingua Bretoa.
Fonte: Lé Télégramme
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A editorial francesa Larousse retirou do mercado o dicionario Le Breton dans votre poche ("O bretón no seu peto") pola abondosa presenza de erros. A corrección correrá a cargo da Oficina Pública da Lingua Bretoa.
Fonte: Lé Télégramme
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, acompañou ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas no acto de presentación do libro Lar, Nai, Pan.
Fonte: Xunta de Galicia
A adega arabesa Cándido Besa quere normalizar o uso do éuscaro no sector da viticultura e para iso utiliza esta lingua no etiquetado das súas botellas, así como en todo tipo de documentos e actividades.
Fonte: Noticias de Álava
A aplicación en catalán Cookboth foi unas das 16 seleccionadas en todo o mundo para loitar por converterse na mellor aplicación do ano nos premios Mobile Premier Awards.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O concurso “Explícoche matemáticas 2.0” está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago e pola Fundación Barrié. Está dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O obradoiro "A miña palabra favorita en galego" está organizado pola Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal con motivo do Día Internacional da Lingua Materna que se celebra o 21 de febreiro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A asociación Iniciativa polo Asturiano denunciou a ausencia da lingua asturiana na nova marca de calidade das sidrerías e piden a súa incorporación.
Fonte: Asturnews
Só o 22 % das empresas privadas en Euskadi cumpre a normativa que regula o réxime lingüístico de atención ao cliente.
Fonte: Europa Press
Unha enquisa realizada na República Checa revela que case tres de cada catro checos teñen coñecementos básicos de polo menos unha lingua estranxeira.
Fonte: Prague Daily Monitor
Por medio de dous decretos lei, o Goberno timorense introducirá o ensino das linguas maternas nos niveis máis básicos do sistema educativo. O portugués comezará a impartirse como lingua principal só a partir do terceiro ciclo do ensino primario.
Fonte: RTP Notícias
Subscríbase ao boletín