Un servizo de videointerpretación de lingua de signos comezou no hospital Reina Sofía de Tudela para facilitar a comunicación e o acceso aos servizos sanitarios das persoas xordas.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un servizo de videointerpretación de lingua de signos comezou no hospital Reina Sofía de Tudela para facilitar a comunicación e o acceso aos servizos sanitarios das persoas xordas.
Fonte: Europa Press
O ministro de Educación de Timor Leste, Fernando La Sama de Araújo, garantiu o desenvolvemento do portugués no país asiático despois de que se publicasen dous decretos lei que o introducen como idioma principal só a partir do terceiro ciclo.
Fonte: Sapo
O patriarca de Lisboa, Manuel Clemente, defendeu unha maior presenza da lingua portuguesa no traballo dos cardeais e da Santa Sé.
Fonte: Jornali
O patriarca de Lisboa, Manuel Clemente, defendeu unha maior presenza da lingua portuguesa no traballo dos cardeais e da Santa Sé.
Fonte: Jornali
O Concello de Carcaixent organizou un premio ao uso do valenciano nas Fallas, encadrado entre as accións de fomento desta lingua.
Fonte: Las Provincias
O libro Doctrina Christiana, o primeiro escrito en éuscaro labortano clásico, apareceu en Dinamarca despois de levar desaparecido durante séculos.
Fonte: El País
Un investigador da Universidade Charles Darwin (Australia) creou o primeiro dicionario en liña das linguas aborixes yolngu do Territorio do Norte de Australia.
Fonte: SBS
Unha manifestación a favor da lingua occitana, convocada polo Instituto de Estudos Occitanos e as escolas de inmersión Calandretes, percorrerá as rúas de Montpellier o vindeiro 24 de outubro.
Fonte: Nationalia
O curso "Chegou o mar á ribeira" mostrará o vocabulario, a toponimia ou as expresións relacionados coa auga salgada.
Fonte: Concello de Vigo
No Boletín Oficial da Provincia aparece a resolución das axudas a concellos e entidades locais para a creación ou mantemento dos servizos lingüísticos durante o ano 2015.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín