O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal é o impulsor desta iniciativa coa que se pretende adquirir unha maior competencia en lingua galega e tamén maior conciencia lingüística.
Fonte: Praza Pública
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal é o impulsor desta iniciativa coa que se pretende adquirir unha maior competencia en lingua galega e tamén maior conciencia lingüística.
Fonte: Praza Pública
O Concello vasco de Balmaseda vai organizar a segunda edición de Enkaterri, unha iniciativa que reúne a diversas persoas para practicar conversa en éuscaro.
Fonte: Deia
Un grupo de xornalistas iniciou unha campaña para demandar un uso máis sensato do italiano por parte das institucións públicas e os medios de comunicación e evitar o uso crecente de anglicismos.
Fonte: Libreriamo
Un grupo de activistas a prol da lingua galesa escribiulle unha carta ao ministro galés de Educación para demandar que todos os nenos e nenas falen galés con fluidez ao remataren o ensino obrigatorio.
Fonte: Wales Online
O Goberno de Navarra vai crear a súa propia acreditación do éuscaro baseada no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Fonte: El Diario
A Escola Oficial de Idiomas de Cáceres ofrecerá o primeiro curso de fala do Val do Xálima, que se considera unha variante do galego, con obxectivo de conservala.
Fonte: Galicia Confidencial
A asociación Pozik Hazi Elkartea, do municipio vasco de Ortuella vai organizar un curso de éuscaro destinado a pais castelanfalantes para que estes poidan axudar os seus fillos cos deberes en éuscaro e comunicarse con eles nesta lingua.
Fonte: Deia
Co obxectivo de que todos os universitarios obteñan un nivel B2 nunha lingua estranxeira antes de graduarse, a Generalitat de Cataluña convoca axudas de ata 350 euros para realizar cursos de idiomas.
Fonte: Aprendemas
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reclamou o uso da lingua galega en todos os ámbitos durante o acto central do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Fonte: Xunta de Galicia
O proxecto busca converterse na base para estudos lingüísticos e para investigacións sobre a variación lingüística en Galicia e o cambio lingüístico no galego contemporáneo.
Subscríbase ao boletín