O Premio á Normalización Lingüística pretende favorecer o uso do catalán no ámbito socioeconómico na zona.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Premio á Normalización Lingüística pretende favorecer o uso do catalán no ámbito socioeconómico na zona.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A rede social Elaide, apoiada por diversas entidades navarras, serve como punto de encontro para os falantes de éuscaro ademais de como ferramenta de apoio para as persoas que están aprendendo esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Os sindicatos educativos de Asturias expresaron o seu rexeitamento ao novo currículo de ESO e Bacharelato porque consideran que despreza a lingua asturiana, para a que tamén piden a oficialidade.
Fonte: Infoasturies
O municipio de Cardiff, capital do País de Gales, estuda a apertura dun novo centro para a lingua galesa nas instalacións da antiga biblioteca da cidade.
Fonte: Wales Online
Por primeira vez, un escritor de lingua portuguesa entra na final do prestixioso premio literario Brooker. Trátase do autor mozambicano Mia Couto.
Fonte: Observador
As illas Baleares son a única comunidade española na que se publican máis libros en catalán que en castelán.
Fonte: 20 minutos
O Goberno Foral de Navarra destinará 147 000 euros a accións socioculturais que promovan o éuscaro no ámbito local.
Fonte: Pamplona Actual
O centro é o colexio Sagrada Familia de Aldán, cuxo vídeo en defensa do galego resultou galardoado co primeiro premio do concurso.
Fonte: La Voz de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Este certame, que convoca o Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvólvese no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín