Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de abril de 2015

    Máis de cinco mil usuarios rexistráronse na Escola Virtual da Lingua de Signos Portuguesa no seu primeiro mes de actividade.

    Fonte: TSF

    02 de abril de 2015

    O curso pasado a educación bilingüe francés-bretón incrementouse un 3,4 % no ensino público francés. Actualmente, hai 6887 alumnos que escollen esta opción educativa.

    Fonte: Le Telegramme

    02 de abril de 2015

    Aínda que existen escolas no Brasil que adoptan un ensino bilingüe, a lexislación actual brasileira non recolle con detalle esta opción educativa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    01 de abril de 2015

    Trátase da Lei de recoñecemento, protección e promoción dos sinais de identidade do pobo valenciano, que, entre outros aspectos, establece a defensa da individualidade do valenciano respecto a outras linguas do Estado.

    Fonte: Ara

    01 de abril de 2015

    O concello navarro de Falces, pertencente á zona non vascófona, vai celebrar unha festa a favor do éuscaro para reivindicar o dereito dos seus cidadáns a vivir nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    01 de abril de 2015

    A Generalitat de Cataluña publicou en liña un informe que recolle todas as ofensas do Goberno español cara á lingua catalá que violan a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    01 de abril de 2015

    O Goberno vasco destinará un total de 400 000 euros a asociación francesas que promoven o éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    31 de marzo de 2015

    A cidade israelí de Nazareth Illit recibiu críticas pola falta de libros en lingua árabe nas bibliotecas municipais.

    Fonte: Haaretz

    31 de marzo de 2015

    Defensores da lingua galesa e pequenos comerciantes criticaron a rede social Twitter por non incluír o galés entre as linguas en que publica as súas mensaxes publicitarias.

    Fonte: BBC

    31 de marzo de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou O bombeiro galego. Temario e cuestionarios 1 e 2, o primeiro manual preparatorio das probas teóricas ás oposicións a bombeiro avalado pola Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder