Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de abril de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou a mostra ‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia’, centrada no autor ao que este ano a Real Academia lle dedica o Día das Letras Galegas, como unha “das principais actuacións de difusión social e posta en valor coas que celebramos a vida e a obra da figura homenaxeada”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de abril de 2015

    O filme A Esmorga, da produtora galega Vía Láctea Films, preestrearase este xoves 30 de abril en Madrid e o vindeiro martes 5 de maio en Barcelona na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en castelán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de abril de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de abril de 2015

    A Real Academia Galega (RAG) presentará un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional por considerar que o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario vulnera os dereitos das persoas galegofalantes.

    29 de abril de 2015

    As vendas de libros escritos en catalán superaron as da literatura en castelán na celebración do Día de San Jordi en Cataluña. En concreto, o 53,59 % dos libros vendidos eran en catalán, fronte ao 46,41 % en castelán.

    Fonte: e-notícies

    28 de abril de 2015

    Diferentes proxectos relacionados coas novas tecnoloxías recibirán axudas para a promoción da lingua galesa no País de Gales.

    Fonte: UK Authority

    28 de abril de 2015

    Un informe revela que a lingua galesa podería desaparecer como lingua viva na autoridade unitaria de Denbighshire, no norte de Gales.

    Fonte: News North Wales

    28 de abril de 2015

    Participaron nesta final estudantes de seis centros educativos. O gañador foi o IES Número 1 do Carballiño, que logrou arrincar 363 puntos do xurado.

    Fonte: La Voz de Galicia

    28 de abril de 2015

    A maioría dos alumnos de colexios públicos da zona mixta de Navarra estuda no modelo D ou de inmersión en éuscaro, moi por diante da opción en castelán. En concreto, o 43 % dos alumnos de Primaria e o 40 % dos alumnos de ESO escollen a primeira opción.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de abril de 2015

    O Goberno valenciano aprobou un informe sobre a situación dos niveis de lectura e edición na lingua propia. Nel, pódese apreciar a situación crítica pola que pasa a literatura en valenciano, tanto en número de lectores como de títulos publicados.

    Fonte: Las Provincias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder