Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de maio de 2015

    Ermua celebra unha nova edición da súa Feira do libro e o disco vasco, na que se presentarán as últimas novidades editoriais en éuscaro. Este evento de promoción do éuscaro celébrase anualmente desde 1992.

    Fonte: Diario Vasco

    06 de maio de 2015

    Segunda a revista Entrepreneur, o español, o portugués e o chinés, son por esta orde, as tres linguas máis importantes do mundo no ámbito dos negocios.

    Fonte: Boas Notícias

    06 de maio de 2015

    O elfdaliano, unha lingua escandinava falada por 2500 persoas, podería introducirse no ensino preescolar dunha pequena comunidade do centro de Suecia.

    Fonte: The local

    06 de maio de 2015

    Feiraco súmase á ampla programación conmemorativa das Letras Galegas 2015 cunha iniciativa especial que, baixo o lema “Sempre coas Letras Galegas” levará aos fogares galegos “o mellor de Filgueira Valverde”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de maio de 2015

    A gañadora é a filóloga e profesora Luz Cures Vázquez que gañou o certame co artigo titulado “Etiquetaxe”.

    Fonte: Concello de Carballo

    06 de maio de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Televisión de Galicia colaboran un ano máis para lle achegar á cidadanía a figura homenaxeada coas Letras Galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de maio de 2015

    As vilas da comarca de Oarsoaldea, no País Vasco, van organizar unha campaña para fomentar o uso do éuscaro nos salóns de peiteado, no seu afán de promover esta lingua en diferentes gremios.

    Fonte: Diario Vasco

    05 de maio de 2015

    Os transportes públicos de Lisboa exhiben poesía en portugués para celebrar o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    05 de maio de 2015

    Os contidos de Facebook traduciranse agora a unha nova lingua minorizada europea, o silesiano, falada en Polonia.

    Fonte: Nationalia

    05 de maio de 2015

    Para festexar o Día das Letras Galegas e o Día das Telecomunicacións e a Internet o vindeiro día 17, ao longo de todo o mes de maio realizarase unha rebaixa de máis do 50% na adquisición dun dominio .gal.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder