En 2014, rexistráronse un total de 342 denuncias por vulneración dos dereitos lingüísticos no País Vasco, o que constitúe un aumento do 15 % con respecto ao ano anterior.
Fonte: EITB
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
En 2014, rexistráronse un total de 342 denuncias por vulneración dos dereitos lingüísticos no País Vasco, o que constitúe un aumento do 15 % con respecto ao ano anterior.
Fonte: EITB
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolveu as axudas para desenvolver, ao longo curso 2014-2015, proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos e privados de ensino non universitario.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do III Certame de Banda Deseñada AX1 que convoca o IES Arcebispo Xelmírez I.
Fonte: Xunta de Galicia
Un informe revela un descenso no número de alumnos de secundaria que deciden estudar unha lingua estranxeira no País de Gales.
Fonte: BBC
O xurado destes premios valora a traxectoria desta asociación desde os anos setenta en defensa da lingua e a cultura galegas.
Fonte: El Ideal Gallego
Un estudo realizado pola Oficina Central de Estatística de Irlanda revelou que máis dun 10 % das persoas con residencia neste país fala como primeira lingua un idioma diferente do irlandés ou inglés. As linguas estranxeiras máis faladas son o polaco, o francés e o lituano.
Fonte: Irish Times
O terceiro Simposio da Asociación de Profesores de Xaponés en España (APJE) terá lugar na Facultade de Filoloxía e nel os docentes de xaponés debaterán sobre como mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe desta lingua.
O próximo curso quince novos centros de educación primaria e secundaria de Aragón contarán con programas bilingües, sumándose aos 233 que xa existen actualmente.
Fonte: Heraldo
A web do Concello vasco de Eibar conta agora cunha sección especial para informar dos actos en éuscaro que se realizarán no municipio.
Fonte: Diario Vasco
O Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa presenta Bilingue, un proxecto teatral galego-portugués.
Fonte: Visão
Subscríbase ao boletín