A asociación Iniciativa polo Asturiano celebrou un acto para lembrar o aniversario do primeiro libro escrito en asturiano e lamentou o esquecemento desta data sinalada por parte das autoridades rexionais.
Fonte: La Nueva España
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A asociación Iniciativa polo Asturiano celebrou un acto para lembrar o aniversario do primeiro libro escrito en asturiano e lamentou o esquecemento desta data sinalada por parte das autoridades rexionais.
Fonte: La Nueva España
China será o principal país de promoción da lingua e a cultura catalás no exterior en 2015, como parte do programa de actividades do instituto Ramón Llull.
Fonte: La Vanguardia
A introdución da lingua materna no sistema público de ensino é unha das medidas aprobadas polo Goberno de Cabo Verde para a protección do crioulo.
Deputados do Parlamento de Timor Leste criticaron as voces que relacionan o ensino da lingua portuguesa no país co colonialismo.
Fonte: Jornali
O concerto obradoiro “Son xogos, xogos sons” está destinado a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos. Un dos seus obxectivos é promover a creación de actividades de lecer en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A aplicación Cinema CAT xa está dispoñible para descarga. Con ela, os usuarios poden acceder a información sobre as películas en catalán que se exhiben nos cines.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Unha manifestación en favor do éuscaro percorreu San Sebastián para denunciar as acción dos gobernos vasco e navarro en materia de política lingüística e para reivindicar o seu dereito a vivir nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
A enquisa de usos lingüísticos da poboación da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña indica que 182 233 falantes de catalán na área do Penedés non teñen este idioma como lingua inicial.
Fonte: Generalitat de Cataluña
‘Hitzegi proba’ é un xogo desenvolvido polo Centro de Neurociencias BCBL e o Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco para que os usuarios poidan determinar, en cinco minutos, o seu nivel de coñecemento de vocabulario en éuscaro.
Fonte: EITB
Un grupo de mozos publicou o libro Heróis à Moda do Algarve que aborda a protección do patrimonio lingüístico da rexión portuguesa do Algarve.
Fonte: DiáriOnline
Subscríbase ao boletín