O novo Plan Nacional de Desenvolvemento da Educación de Angola prevé a avaliación do nivel de aprendizaxe das linguas nacionais do país.
Fonte: África 21
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O novo Plan Nacional de Desenvolvemento da Educación de Angola prevé a avaliación do nivel de aprendizaxe das linguas nacionais do país.
Fonte: África 21
A Dirección de Educación do Goberno de Angola anunciou a introdución da lingua nacional cokwe no sistema público de ensino.
Fonte: ANGOP
O filme de fala irlandesa An Bronntanas (O agasallo) recibiu o premio especial do xurado no Festival de Cinema de Boston (EUA).
Fonte: RTÉ
A asociación Iniciativa polo Asturiano reclámalle ao Concello de Mieres que volva poñer en marcha o Servizo de Normalización lingüística que interrompeu hai dous meses.
Fonte: Infoasturies
A Generalitat valenciana outorgoulle un premio de promoción do valenciano á asociación cultural Gaiata 14 por redactar nesta lingua os libretos das festas da Magdalena.
Fonte: ABC
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou no web www.lingua.gal que o Concello de Burela resultou gañador da fase autonómica do certame radiofónico de dinamización lingüística “O galego na onda”.
Fonte: Xunta de Galicia
O profesor Xosé Henrique Costas ofreceu un relatorio en Ciencias da Educación e do Deporte co gallo do Día Internacional da Lingua Materna.
Fonte: Universidade de Vigo
A negociación ten como finalidade que os cursos de lingua galega que se imparten na Casa de Galicia en Madrid se incorporen ao Espazo de Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes.
Fonte: Galicia Hoxe
Conmemorouse o 57 aniversario do discurso de despedida na Universidade de Santiago de Otero Pedrayo, unha intervención realizada por primeira vez en lingua galega na institución académica.
Fonte: Galicia Hoxe
“Llegir per parlar, llegar per aprendre” é unha publicación en liña do Departamento de Cultura de Cataluña que busca promover a lectura en catalán entre a poboación adulta.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Subscríbase ao boletín