A Universidade de Hawai (EUA) albergou unha conferencia internacional sobre a documentación e a conservación das linguas ameazadas.
Fonte: University of Hawai'i
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade de Hawai (EUA) albergou unha conferencia internacional sobre a documentación e a conservación das linguas ameazadas.
Fonte: University of Hawai'i
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) aprobou en asemblea as liñas de actuación a prol da lingua galega para o 2015.
Fonte: CTNL
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou seis medidas urxentes para recuperar a lingua galega e reverter o seu proceso de substitución lingüística.
Fonte: Cultura Galega
A Irmandade Xurídica Galega conmemorará en Redondela os 30 anos da primeira sentenza xurídica emitida en lingua galega, ditada o día 27 de marzo de 1985 pola Audiencia Territorial da Coruña.
Fonte: Praza Pública
A sétima edición das Xornadas Martín Sarmiento, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento, congregaron en Vilafranca do Bierzo os máis de mil escolares de ensino primario e secundario que estudan lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria.
Fonte: Xunta de Galicia
O campus de Gualtar da Universidade do Miño acollerá a sexta edición dos exames oficiais de lingua chinesa.
Fonte: Braga TV
Un estudo de investigación baseado en mostras de ADN revela que a orixe das linguas indoeuropeas podería estar nunha zona que hoxe pertence a Rusia e Ucraína.
Fonte: National Geographic
Como parte das súas accións de promoción do éuscaro, o Concello de Errenteria organizou unha campaña que busca o uso desta lingua nos comercios da localidade.
Fonte: Diario Vasco
O concello de San Martín do Rei Aurelio vai celebrar a cuarta edición do seu concurso de tortillas, no que todos os carteis e papeis publicitarios están redactados en asturiano.
Fonte: Asturnews
A última falante do idioma wukchumni, do estado de California (EUA), traballa desde hai anos na elaboración do primeiro dicionario desta lingua.
Fonte: Hyperallergic
Subscríbase ao boletín