Un grupo de investigadores arxentinos está traballando na elaboración dun dicionario de lingua de signos destinado á comunidade de persoas xordas e a docentes de educación especial.
Fonte: Rosario3
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un grupo de investigadores arxentinos está traballando na elaboración dun dicionario de lingua de signos destinado á comunidade de persoas xordas e a docentes de educación especial.
Fonte: Rosario3
O Ministerio de Cultura do Perú publicou un mapa interactivo en liña que inclúe información e rexistros sonoros das linguas indíxenas do país.
Fonte: El Comercio
O Diario Oficial da Junta de Andalucía publica o decreto polo que os colexios de educación primaria da rexión poderán ofrecer a lingua de signos como materia de libre configuración.
Fonte: Discapnet
O alcalde de Donostia pediulles aos cidadáns que inicien as súas conversas cunha palabra en éuscaro, nun intento de promover esta lingua.
Fonte: Noticias de Guipúzkoa
Este premio ten como finalidade principal recoñecer as iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e a dignificación da lingua e a cultura galegas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a de Traballo e Benestar, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente, fixeron pública a resolución da terceira edición do certame de declaracións de amor na rede "Lingua de namorar", cuxos seis premios recaeron en seis mozas.
Fonte: Xunta de Galicia
A Casa-Museo de Rosalía de Castro de Padrón acolleu a entrega dos III Premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!” convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora.
Fonte: Xunta de Galicia
O certame ten dúas modalidades (narrativa e poesía) e en cada unha hai tres categorías, segundo a idade dos participantes.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A nova medida do consistorio navarro de Baztán de incluír o éuscaro nas facturas emitidas polas empresas para promover o uso desta lingua non foi ben acollida por algúns concelleiros da corporación, que a consideran unha imposición.
Fonte: Diario de Navarra
A organización Acción Cultural do País Valenciano solicitou mediante un documento con propostas de mellora a igualdade lingüística entre valenciano e castelán na Comunidade.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín