A Semana da Lingua Francesa e da Francofonía (14-22 de marzo de 2015) celebra a riqueza e a diversidade do francés, idioma falado nos cinco continentes.
Fonte: Expo Langues
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Semana da Lingua Francesa e da Francofonía (14-22 de marzo de 2015) celebra a riqueza e a diversidade do francés, idioma falado nos cinco continentes.
Fonte: Expo Langues
As diferenzas políticas que existen entre Corea do Norte e Corea do Sur, separadas desde hai 70 anos, fan que as linguas que se falan nos dous países sexan cada vez máis inintelixibles.
Fonte: GuelphMercury
A finalidade deste ciclo é ofrecer actividades de lecer en galego e mostrar a súa riqueza e utilidade para as creacións audiovisuais.
Fonte: SNL de Redondela
O II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino ten como obxectivo promover o uso do galego na comunidade educativa e na súa contorna. O prazo para a entrega dos traballos finaliza o 2 de maio de 2015.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Asociación Galega de Editores entregou os X Premios Ánxel Casal, que recoñecen o traballo editorial en galego dos seus membros ao longo do ano.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha nova actividade no marco do proxecto de dinamización lingüística Dragal.
Fonte: Xunta de Galicia
No pleno do Consello Social da Lingua Catalá constatouse o incremento do coñecemento do catalán polos cidadáns pero tamén se identificaron áreas deficitarias que necesitan accións de mellora.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Consellería de Saúde mantivo unha reunión con asociacións de persoas xordas para crear unha lei que regule a lingua de signos na comunidade.
Fonte: 20 Minutos
Duolingo, a aplicación para aprender linguas estranxeiras, ofrece agora un curso de francés para falantes de portugués.
Fonte: IGN
Despois dun longo período de consulta pública, a autoridade unitaria de Vale of Glamorgan, no sur de Gales, aprobou a creación dunha escola en lingua galesa que unificará dous centros xa existentes: o Ysgol Gymraeg Nant Talwg e o Ysgol Gyfun Bro Morgannwg.
Fonte: Wales Online
Subscríbase ao boletín