Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de abril de 2015

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua trasladoulles ás organizacións políticas a súa proposta en materia de normalización lingüística para que a inclúan nos seus programas electorais para as vindeiras eleccións municipais.

    Fonte: CTNL

    23 de abril de 2015

    O VIII Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras conta con dous niveis, elemental (A1-A2) e intermedio (B1-B2).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de abril de 2015

    As manifestacións levaranse a cabo na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo baixo o lema "Galego, garantía de futuro".

    Fonte: Praza Pública

    23 de abril de 2015

    Un grupo de 35 alumnos e alumnas de lingua e cultura galegas da Universidade de Zúrich foron recibidos polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de abril de 2015

    O concurso anual de piropos en éuscaro celebrado en Ermua escolleu os seus gañadores, coa satisfacción de bater o récord de participación cun total de 185 piropos presentados.

    Fonte: ABC

    22 de abril de 2015

    Varias manifestacións en diferentes cidades da rexión histórica de Cabilia (Alxeria) demandaron, entre outras cousas, a oficialidade da lingua tamazight.

    Fonte: Nationalia

    22 de abril de 2015

    Nunha entrevista realizada en abril de 2012, o escritor portugués Vasco Graça Moura declarara que o Acordo Ortográfico podía alterar a pronuncia da lingua portuguesa nas próximas xeracións.

    Fonte: Público

    22 de abril de 2015

    O vicepresidente do Brasil, Michel Temer, declarou que o portugués podería converterse en breve en lingua oficial das principais organizacións internacionais.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    22 de abril de 2015

    O número de estudantes de lingua alemá medra por primeira vez en máis dunha década e acada os 15,4 millóns en todo o mundo.

    Fonte: Deutsche Welle

    22 de abril de 2015

    A Consellería de Cultura e Educación entregou no Parlamento a proposta inicial do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder