Este novo informe revela, entre outros datos, que o 60 % das persoas nacidas en Cataluña cun dos dous proxenitores tamén nativo usa o catalán cos seus fillos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Este novo informe revela, entre outros datos, que o 60 % das persoas nacidas en Cataluña cun dos dous proxenitores tamén nativo usa o catalán cos seus fillos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A tenda de zapatos compostelá Moskín foi a gañadora do concurso cunha campaña deseñada por Tino Barreiro na que se mesturan as palabras e os zapatos. O premio de 5000 euros servirá para pór en marcha o proxecto gañador.
Ramón Lorenzo e Antón Santamarina, dous dos fundadores do Instituto da Lingua Galega, foron homenaxeados no marco do III Congreso Internacional de Lingüística Histórica.
Paraguai quere tomar como modelo o traballo desenvolvido en materia lingüística co éuscaro para aplicalo á normalización do guaraní, lingua oficial deste país xunto co español.
Fonte: La Vanguardia
Publícase o dicionario PORTOgués-inglés, que revela aos turistas e estranxeiros os trazos distintivos do portugués da cidade do Porto.
Fonte: Público
O presidente de Francia, François Hollande, envioulle unha carta ao presidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística, Patxi Baztarrika, para mostrar a súa disposición a ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Eitb
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este caso de discriminación por falar en galego a unha nena de 10 anos nun campamento de hípica e impulsou unha concentración de protesta en Arteixo.
Fonte: Galicia Hoxe
As xestións da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña permitiron que o portal de dicionarios en liña WordReference.com incorporase recentemente un dicionario de definicións en lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os gobernos balear e catalán asinarán un convenio de colaboración que beneficiará a creadores de ambas as comunidades.
Fonte: El Mundo
O departamento de checo da Facultade de Letras da Universidade Carolina de Praga organiza unha escola de verán que reúne estudantes de checo duns 40 países do mundo.
Fonte: Radio Praha
Subscríbase ao boletín