Neste encontro sociolingüístico participará o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e do CPI de Mondariz.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Neste encontro sociolingüístico participará o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e do CPI de Mondariz.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A plataforma Berdin Elkartea, que aglutina tanto a traballadores sanitarios como a pacientes, reclama o dereito dos vascos a recibir atención sanitaria en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A vila valenciana de Burjassot decidiu contar coa presenza dun intérprete de lingua de signos en todos os seus plenos municipais para poder traducir as sesións á lingua de signos e desta forma incluír as persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: Horta Noticias
Un informe realizado pola oficina da comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, revelou que os bancos do País de Gales deben ofrecer mellores servizos en galés para garantir os dereitos dos falantes.
Fonte: BBC
O estado federado alemán de Schleswig-Holstein estuda declarar oficiais as tres linguas minorizadas do territorio: o baixo alemán, o dinamarqués e o frisón.
Fonte: Shz
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou a mostra ‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia’, centrada no autor ao que este ano a Real Academia lle dedica o Día das Letras Galegas, como unha “das principais actuacións de difusión social e posta en valor coas que celebramos a vida e a obra da figura homenaxeada”.
Fonte: Xunta de Galicia
O filme A Esmorga, da produtora galega Vía Láctea Films, preestrearase este xoves 30 de abril en Madrid e o vindeiro martes 5 de maio en Barcelona na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en castelán.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega (RAG) presentará un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional por considerar que o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario vulnera os dereitos das persoas galegofalantes.
As vendas de libros escritos en catalán superaron as da literatura en castelán na celebración do Día de San Jordi en Cataluña. En concreto, o 53,59 % dos libros vendidos eran en catalán, fronte ao 46,41 % en castelán.
Fonte: e-notícies
Subscríbase ao boletín