Un total de 96 concellos de Galicia beneficiarase das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega no ámbito local. A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de xullo de 2015 pola que se conceden axudas ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Sección: