A mostra itinerante sobre Filgueira Valverde continúa a súa andaina polos distintos concellos da comunidade galega, chegando nesta ocasión á Biblioteca Pública Territorial de Lugo na que permanecerá ata o 15 de setembro.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A mostra itinerante sobre Filgueira Valverde continúa a súa andaina polos distintos concellos da comunidade galega, chegando nesta ocasión á Biblioteca Pública Territorial de Lugo na que permanecerá ata o 15 de setembro.
Fonte: Xunta de Galicia
Este volume da revista incorpora achegas de persoal investigador de diversas institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil.
A convocatoria para a concesión de axudas económicas destinadas aos campamentos de verán en éuscaro contará cunha partida de 12 100 euros.
Fonte: Pamplona Actual
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron unha xuntanza con representantes da Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre co fin de afondar no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Portugalete destinará 2800 euros a que os comercios da localidade que o desexen poñan os seus letreiros en éuscaro.
Fonte: Deia
Desde hai máis de vinte anos o municipio de Biarritz está comprometido co éuscaro en aspectos como a sinalización bilingüe, o seu uso na comunicación etc. Agora pretende ir máis lonxe coa súa política lingüística poñendo en marcha un servizo municipal dedicado á lingua vasca.
Fonte: Sudouest
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago convoca a cuarta edición do Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia ‘Somos a curta!’.
‘O galego campa!’, o programa dirixido á mocidade participante nos campamentos de verán da Xunta de Galicia promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, segue a dinamizar a lingua galega durante o mes de agosto.
Fonte: Xunta de Galicia
A Lei de función pública de Baleares impídelle ao Concello de Manacor esixir o catalán como requisito nas convocatorias de emprego público.
Fonte: Mallorca Confidencial
A presidenta da Academia da Lingua Asturiana, Ana Cano, reclamou en Cangas del Narcea que o Estatuto de Autonomía recolla a cooficialidade do asturiano.
Fonte: La Nueva España
Subscríbase ao boletín