Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de agosto de 2015

    O Decreto Supremo 2477, emitido o 5 de agosto, establece que os mestres están obrigados a falar unha lingua indíxena orixinaria campesiña.

    Fonte: Página Siete

    13 de agosto de 2015

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca por vez primeira o Concurso literario Mazarelos co que se busca promover a creatividade dos estudantes universitarios e desenvolver a súa capacidade de expresión en galego. O prazo para a presentación das obras remata o 23 de setembro.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    13 de agosto de 2015

    O uso do catalán nos territorios que falan esta lingua é do 63,93 %, 0,02 puntos porcentuais máis que no mes anterior.

    Fonte: Racó Català

    12 de agosto de 2015

    Lingua.ly é unha aplicación que optimiza o esforzo e o tempo que se gastan na aprendizaxe.

    Fonte: Techenet

    12 de agosto de 2015

    O Acordo Relativo ao Tribunal de Unificado de Patentes foi ratificado por Portugal, malia a oposición dun grupo de académicos. O que se cuestiona é que, a pesar de que as peticións de patentes poden presentarse en calquera lingua da UE, teñen que ir obrigatoriamente acompañadas dunha versión en francés, inglés ou alemán.

    Fonte: Público

    12 de agosto de 2015

    As linguas indíxenas forman parte dos programas educativos dos 45 Bacharelatos Integrais Interculturais (BIC).

    Fonte: Sucedió en Oaxaca

    12 de agosto de 2015

    O novo Goberno de Navarra nomeou a Mikel Arregi director xeral do Instituto Navarro do Éuscaro-Euskarabidea.

    Fonte: EiTB

    12 de agosto de 2015

    A novidade é que a política lingüística pasará a depender directamente da Consellería de Educación e non como ata agora da Viceconsellería.

    Fonte: ABC

    11 de agosto de 2015

    Segundo datos do Ministerio de Educación, nas escolas de idiomas descendeu o número de alumnos que quere aprender catalán, éuscaro, galego ou valenciano, mentres que se incrementou o número dos que escollen alemán ou inglés.

    Fonte: Antena 3

    11 de agosto de 2015

    A Central de Coordinación da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acolleu a presentación do Programa de Atención a Persoas Xordas do 061 de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder