Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de maio de 2015

    A Comunidade Valenciana engadirá un novo requisito para os profesores que impartan materias en inglés, máis alá do certificado de coñecemento do idioma e que consistirá na realización dun curso sobre métodos pedagóxicos.

    Fonte: Las Provincias

    14 de maio de 2015

    A Generalitat de Cataluña asinou un acordo cos colexios xurídicos do ámbito da Xustiza para continuar co fomento da lingua catalá neste eido.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    14 de maio de 2015

    O xornalista Damián Barreiro defendeu a creación dunha industria de tradución de debuxos animados ao asturiano co obxectivo de transmitir a lingua propia e crear empregos.

    Fonte: 20 minutos

    14 de maio de 2015

    O programa Voluntariado pola Lingua da Generalitat de Cataluña ten por obxectivo permitirlles ás persoas que o desexen practicar a lingua catalá en contextos reais. No ano 2014, contou con 10 189 parellas lingüísticas.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    13 de maio de 2015

    Un estudo realizado na Universidade de Chicago (EUA) revela que os nenos expostos a diferentes linguas desenvolven mellor as súas habilidades de comprensión e comunicación.

    Fonte: Medicalxpress

    13 de maio de 2015

    A ferramenta de tradución en tempo real de Skype está agora dispoñible para todas aquelas persoas que queiran descargala. Anteriormente estaba restrinxida a un grupo de usuarios.

    Fonte: Gizmodo

    13 de maio de 2015

    O Tribunal Supremo avala a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña pola que a porcentaxe de clases que se deben impartir en lingua castelá nos centros educativos da comunidade sexa do 25 %, co que se inclúe unha materia troncal ademais da de Lingua Castelá.

    Fonte: El Mundo

    13 de maio de 2015

    A Asociación Somescola, que agrupa a sindicatos e entidades educativas, denunciou ataques do Goberno central ao modelo de inmersión en catalán nos colexios, a pesar dos bos resultados que sempre obtivo.

    Fonte: ABC

    13 de maio de 2015

    Un investigador guipuscoano desenvolveu unha aplicación para móbil que permite traducir texto escrito, audio e imaxes á maiorías das linguas da península, en concreto, a castelán, portugués, galego, catalán, éuscaro, occitano, asturiano e aragonés.

    Fonte: EITB

    13 de maio de 2015

    Os concellos vascos de Zumarraga e Urretxu van organizar colonias de verán que acollerán ata a 300 nenos co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro entre eles.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder