Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de agosto de 2015

    O poeta inglés de orixe xamaicana, Benjamin Zephaniah, declarou no Festival Nacional do País de Gales (Eisteddfod) que o galés se debería ensinar en todas as escolas do Reino Unido.

    Fonte: Wales Online

    24 de agosto de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dun total de 30 cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4 -o Celga 1 impártese en modalidade en liña-.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de agosto de 2015

    A Xunta Directiva do Barça solicitoulle a Telefónica que ofrecese a retransmisión en catalán dos partidos do equipo, unha opción que ata o momento ofrecía Canal+.

    Fonte: El Confidencial Digital

    22 de agosto de 2015

    No curso académico actual, diminuíu significativamente o número de alumnos que escolleu materias lingüísticas no Certificado Xeral de Ensino Secundario do Reino Unido (GCSE, polas súas siglas en inglés). A baixada foi de case 20 000 matrículas menos respecto ao ano anterior.

    Fonte: The Guardian

    22 de agosto de 2015

    Nun encontro entre o goberno do estado de Tocantíns (Brasil) e o embaixador xaponés, Keiko Umeda, debateuse unha iniciativa para implantar clases de xaponés nas escolas públicas do estado.

    Fonte: Conexão Tocantins

    21 de agosto de 2015

    As axudas para a escolarización en castelán en centros privados descenden de seis millóns de euros a un millón.

    Fonte: El Mundo

    21 de agosto de 2015

    Un grupo de xuíces noruegueses pertencentes á minoría saami atópase en Euskadi para coñecer as iniciativas de fomento do uso do éuscaro no sistema xudicial vasco.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    20 de agosto de 2015

    O Centro de Investigación para a Excelencia na Dinámica das Linguas de Australia está levando a cabo un traballo de documentación de dez linguas indíxenas que están ao bordo da extinción.

    Fonte: The Guardian

    20 de agosto de 2015

    Un centro universitario de Río Grande do Sur (Brasil) impartirá clases de portugués como segunda lingua a emigrantes haitianos que viven no estado.

    Fonte: Gazeta do Sul

    20 de agosto de 2015

    O Campus de Patinaxe Inclusiva de Culleredo celebra a súa segunda edición na que contará cun plan de inmersión lingüística destinado a nenas e nenos inmigrantes.

    Fonte: La Opinión de A Coruña

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder