Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de agosto de 2015

    A tese sinala que as lesións cerebrais que ocasionan a perda ou trastornos na fala non afectan do mesmo xeito aos individuos bilingües.

    Fonte: Noticias de Álava

    28 de agosto de 2015

    O Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social (CIDLeS) está a buscar financiamento para un proxecto de recuperación do minderico, lingua secreta usada por fabricantes e vendedores de cobertores da vila portuguesa de Minde e que hoxe conta aínda con 150 falantes activos.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    28 de agosto de 2015

    A Universidade de California, en Berkeley (EUA), ofertará por primeira vez un curso regular de lingua islandesa co obxectivo de achegar o alumnado estadounidense á lingua e cultura deste estado insular europeo.

    Fonte: UC Berkeley

    28 de agosto de 2015

    Un estudo recente revela que a maior parte das cadeas de supermercados que operan no País de Gales non mostra interese por empregar carteis bilingües galés-inglés.

    Fonte: Wales Online

    28 de agosto de 2015

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) envioulles unha carta ás novas televisións locais para explicarlles o éxito que a programación en asturiano está a ter noutras canles, entre elas a televisión pública do Principado.

    Fonte: Asturies.com

    27 de agosto de 2015

    O Consello Navarro do Éuscaro elaborará un plan estratéxico para a promoción e a normalización da lingua vasca.

    Fonte: Diario de Navarra

    27 de agosto de 2015

    A organización Iniciativa polo Asturiano é a responsable deste proxecto co que tamén se pretende organizar cursos doutras materias co asturiano como lingua vehicular.

    Fonte: Asturies.com

    27 de agosto de 2015

    Ante as críticas recibidas pola difusión dun cartel promocional en español da Feira do Moble da Estrada, desde a organización explicaron que se debeu a un erro debido, posiblemente, á instalación de materiais destinados a localidades de fóra de Galicia.

    Fonte: La Voz de Galicia

    26 de agosto de 2015

    Segundo os organizadores, o grande éxito de participación que rexistrou a 41 edición da Escola Occitana de Verán, celebrada na localidade aquitana de Villeneuve-sur-Lot, é mostra do crecente interese pola lingua occitana en Francia.

    Fonte: Jornalet

    26 de agosto de 2015

    Con motivo do 40 aniversario da independencia de Angola, o goberno da provincia angolana de Huíla organizará na cidade de Lubango o primeiro seminario científico sobre a situación da lingua portuguesa en Angola.

    Fonte: Agência Angola Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder