Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de setembro de 2015

    A rede de escolas occitanas mostrou a súa preocupación pola forte diminución do ensino en occitano nas escolas primarias da antiga provincia francesa de Bearne.

    Fonte: Jornalet

    03 de setembro de 2015

    A voceira do Goberno navarro expresou a súa vontade de normalizar as relacións co País Vasco e asumir o éuscaro como idioma propio de Navarra.

    Fonte: El Diario

    03 de setembro de 2015

    No primeiro cuadrimestre, só un curso será presencial, o destinado ao alumnado de procedencia estranxeira. Os outros cinco que oferta serán virtuais.

    Fonte: Universiade de Vigo

    03 de setembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda “É posible outra política lingüística nas institucións de España e de Europa?”, canda os seus homólogos vasco e catalán, Patxi Baztarrika e Ester Franquesa, respectivamente, dentro do programa do curso de verán “O lugar do éuscaro e das demais linguas nun contexto multilingüe, á luz das achegas de Koldo Mitxelena e Ramón Piñeiro”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de setembro de 2015

    O Instituto Portugués de Oriente (IPOR, polas súas siglas en portugués) celebrará un encontro en Macau que contribuirá á promoción do ensino da lingua portuguesa en Asia.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    02 de setembro de 2015

    Unha moza peruana acada grande éxito nas redes sociais coas súas cancións en quechua. Trátase de versións de artistas famosos e o seu obxectivo é revitalizar a súa lingua nativa.

    Fonte: CTV News

    02 de setembro de 2015

    Trátase da décimo segunda edición deste premio, que conta co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, que establece dúas categorías: entidades e establecementos.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    02 de setembro de 2015

    A polémica xurdiu polo emprego do topónimo El Ferrol que Adif xustifica apelando a tradición.

    Fonte: Praza Pública

    01 de setembro de 2015

    Os pais do alumnado da primeira escola de fala gaélica de Escocia, a Bun-sgoil Shleite, na illa de Skye, temen que o recorte dun posto docente poida pór en risco a inmersión lingüística en gaélico escocés.

    Fonte: BBC

    01 de setembro de 2015

    Dentro da campaña "Euskara zure frekuentzian", o Concello oferta un total de 86 cursos de éuscaro destinados a nais e pais, persoas maiores de 55 anos, persoas estranxeiras e persoal dos sectores do comercio e a hostalería.

    Fonte: El Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder