Baixo o lema ‘Para dicir todo o que queiras’, a rede de euskaltegis AEK apela a un uso práctico do éuscaro, destinado á súa utilización nas actividades diarias.
Fonte: Deia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Baixo o lema ‘Para dicir todo o que queiras’, a rede de euskaltegis AEK apela a un uso práctico do éuscaro, destinado á súa utilización nas actividades diarias.
Fonte: Deia
Segundo os datos do sindicato educativo Suatea, un ano máis existen centros de ensino que non contan con mestre de lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
A lei de linguas do anterior goberno resultara moi polémica, entre outras cuestións, pola denominación aplicada ao catalán da franxa e ao aragonés: Lingua Aragonesa Propia da Área Oriental (Lapao) e Lingua Aragonesa Propia das áreas Pirenaica e Prepirenaica (Lapapyp), respectivamente.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou as súas novidades para o curso 2015-2016 que inclúen, entre outras, unha maior oferta de linguas e novas modalidades para a aprendizaxe de linguas estranxeiras.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, retomará a actividade "Os Bolechas na máquina do tempo", que no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015 está a chegar desde o mes de marzo a 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para promover o uso do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Un grupo de cidadáns solicitará nunha manifestación en Lisboa que se convoque un referendo sobre o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
Fonte: SAPO
O ministro de Cultura do Brasil, Juca Ferreira, demandou en Luanda que Angola ratifique o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
Fonte: Diário Digital
O Senado de Porto Rico aprobou un proxecto de lei que converte o español en primeira lingua oficial da illa. O inglés pasará a ser segundo idioma.
Fonte: Globo
Un total de 83 escolas públicas de ensino básico do Uruguai oferta clases de portugués. A maioría delas están en zonas de fronteira co Brasil.
Fonte: Diário de Notícias
Diferentes territorios de Francia como Córsega, Occitania ou Alsacia demandarán en mobilizacións simultáneas un estatuto de protección e promoción das súas linguas rexionais.
Fonte: Sermos Galiza
Subscríbase ao boletín