A montaña máis alta dos EUA recuperou o seu nome indíxena na lingua local do pobo athabasca. "Denali" é a nova denominación que pasa a ser oficial a todos os efectos.
Fonte: Diário de Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A montaña máis alta dos EUA recuperou o seu nome indíxena na lingua local do pobo athabasca. "Denali" é a nova denominación que pasa a ser oficial a todos os efectos.
Fonte: Diário de Notícias
A Xunta de Voceiros aprobou, a proposta de IU, a creación para esta lexislatura dunha comisión especial para a promoción, protección e normalización da lingua asturiana
Fonte: El Comercio
O viceconselleiro de Política Lingüística e o cociñeiro Aitor Elizegi presentarán o segundo vídeo do ano 2015 do proxecto Poziktibity co que se pretende animar a aprender éuscaro.
Fonte: Deia
Un voceiro do Ministerio de Educación do Xapón declarou que o país tomará medidas para protexer as oito linguas nativas que a UNESCO considerou que estaban en risco de desaparición.
Fonte: El Universal
Un director do Ministerio de Educación e Cultura do Uruguai declarou que un 15 % da poboación do país fala un dialecto que ten a súa orixe no portugués oral.
Fonte: Sapo
A este certame, convocado pola Fundación Vicente Risco e o Concello de Ourense, poden presentarse novelas, conxuntos de contos ou ensaios escritos en galego e está dotado cun premio de 6000 euros.
Fonte: La Región
O voceiro municipal de Xixón si Pode presentou o Plan estratéxico de uso da lingua asturiana que se debaterá no próximo pleno.
Fonte: ABC
O Servizo de Éuscaro do Concello donostiarra busca fomentar a aprendizaxe da lingua vasca, para o cal dedicará 297 652 euros a axudas directas para quen a estude e para os euskaltegis.
Fonte: Diario Vasco
Iniciativa polo Asturiano volveu solicitarlle ao Congreso dos Deputados que presenten unha emenda a estes orzamentos para que se lle asigne unha partida á Academia da Lingua Asturiana.
Fonte: El Comercio
A vila galesa de Neath lanzou un proxecto piloto que consiste en habilitar áreas de fala galesa na localidade para fomentar e incrementar o uso da lingua vernácula.
Fonte: South Wales Evening Post
Subscríbase ao boletín