Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de agosto de 2015

    Trátase de 13 novos proxectos de escrita de guión e de realización de curtas e longametraxes en versión orixinal galega que recibirán unha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais. Un dos obxectivos destas axudas é fomentar o emprego do idioma galego no sector audiovisual.

    Fonte: Agadic

    26 de agosto de 2015

    Preténdese traducir de inglés a catalán a interface para Android de Twitter para o que se buscan tradutores voluntarios que deben cumprir certos requisitos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de agosto de 2015

    Por segunda vez, tras o éxito de Loreak, unha película rodada en éuscaro compite pola Concha de Ouro. Trátase de Amama, de Asier Altuna.

    Fonte: Deia

    26 de agosto de 2015

    As persoas consumidoras de Galicia poden usar calquera das linguas oficiais da comunidade nun establecemento comercial e non poderán ser discriminadas por este motivo. Pola súa banda, os establecementos tamén poden elixir entre o galego e o castelán, en función da súa decisión persoal ou empresarial.

    Fonte: Galicia Confidencial

    25 de agosto de 2015

    A usuaria de Bla Bla Car rexeitou compartir coche cun concelleiro do BNG porque este lle respondeu en galego. El publicou nas redes sociais unha captura de pantalla da conversa mantida por WhatsApp onde se reflectía esta negativa.

    Fonte: El Comercio

    25 de agosto de 2015

    A quinta Xornada de Patrimonio Lingüístico e Cultural centrarase na variante lingüística oriental do asturleonés.

    Fonte: Diario de León

    25 de agosto de 2015

    Co gallo da celebración do Día de Asturias, o vindeiro 8 de setembro, a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) pide que se aproveite esta data para mostrar a nova política lingüística do Executivo autonómico.

    Fonte: Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana

    24 de agosto de 2015

    Os usuarios de Google Chrome Canary, navegador en liña da familia de Google Chrome, poderán empregar un corrector ortográfico integrado en varios idiomas.

    Fonte: Wwwhat’snew

    24 de agosto de 2015

    A pesar de que o wayuunaiki é idioma oficial no departamento colombiano de Guajira, as oficinas públicas non garanten a atención nesa lingua.

    Fonte: El Heraldo

    24 de agosto de 2015

    Os dispositivos que funcionen co sistema operativo Android Wear poderán comunicarse en 44 linguas diferentes grazas á ferramenta de tradución Google Tradutor.

    Fonte: CNET

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder