Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de agosto de 2015

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución pola que se conceden axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. A través destas subvencións o departamento que dirixe Román Rodríguez quere garantir unha oferta de material educativo en galego no ensino regrado que sexa á vez ampla e con calidade científica e pedagóxica.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de agosto de 2015

    O obradoiro, impartido entre 22 de xullo e o 10 de agosto, serviu para que os participantes adquirisen ferramentas metodolóxicas destinadas a elaborar gramáticas para axudar no ensino das linguas.

    Fonte: Ciudadanía Exprés

    18 de agosto de 2015

    A caseta do Goberno dedicada aos embarcadoiros de Asturias non respectaba a toponimia oficial en asturiano.

    Fonte: Asturies.com

    18 de agosto de 2015

    ‘O galego campa!’, o programa dirixido á mocidade participante nos campamentos de verán da Xunta de Galicia promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude para dinamizar o galego na mocidade, chegou por medio de xincanas e contacontos que se desenvolveron durante os meses de xullo e agosto a 17 campamentos de verán nos que participaron un total de 1193 rapazas e rapaces.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de agosto de 2015

    O conselleiro valenciano de Educación, Vicent Marzà, non conseguiu derrogar os impedimentos da Lomce ante o seu plan de potenciar o valenciano.

    Fonte: La Verdad

    14 de agosto de 2015

    Unha investigación conclúe que certo tipo de conduta social favorece a aprendizaxe dun segundo idioma por parte dos bebés.

    Fonte: La Prensa

    14 de agosto de 2015

    A partir de xaneiro de 2016 os estudantes surafricanos de nivel básico poderán estudar lingua chinesa.

    Fonte: People Daily

    14 de agosto de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dun total de 44 cursos para a mellora das competencias na lingua propia de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de agosto de 2015

    O Concello de Pamplona xustifica a falta de actividades en éuscaro dentro da programación cultural da cidade polo peche da contratación do programa municipal.

    Fonte: Diario de Navarra

    13 de agosto de 2015

    O Decreto Supremo 2477, emitido o 5 de agosto, establece que os mestres están obrigados a falar unha lingua indíxena orixinaria campesiña.

    Fonte: Página Siete

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder