O Instituto Cervantes de São Paulo organizou esta mostra que permitirá a exhibición de producións realizadas en éuscaro, catalán e galego na maior cidade de Brasil.
Fonte: Aguas Digital
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Instituto Cervantes de São Paulo organizou esta mostra que permitirá a exhibición de producións realizadas en éuscaro, catalán e galego na maior cidade de Brasil.
Fonte: Aguas Digital
Cada vez menos persoas en Costa Rica coñecen as linguas autóctonas, motivo polo cal os sete idiomas indocostarriqueños están en risco de desaparecer.
Fonte: La Nación
Segundo os datos do Instituto Camões, pasarase de 317 (2014-2015) a 314 (2015-2016) horarios/profesores, mentres que os estudantes aumentarán de 43 003 a 44 196.
Fonte: Notícias ao Minuto
O novo Goberno aragonés creou, por primeira vez, unha dirección xeral de Política Lingüística para defender a diversidade lingüística de Aragón (español, aragonés e catalán).
Fonte: El Mundo
A Xunta destina máis de 58 000 euros ao ensino da lingua, da literatura e da cultura galegas nos plans de estudo da Universidade do País Vasco.
Fonte: Galicia en el Mundo
Kalandraka publicou Onde viven os monstros, a obra máis coñecida de Maurice Sendak, en lingua maia baixo o título Te'tu'ux ku kajtal le wáayo'obo.
Fonte: Galicia Hoxe
Os resultados da sondaxe amosan que a unha cuarta parte dos británicos prodúcelles tensión falar unha lingua estranxeira.
Fonte: Sputnik
O seminario celebrarase en Lubango o 26 de agosto no marco da conmemoración do 40 aniversario da independencia de Angola.
Fonte: Angop
O Concello de Pamplona abriu o prazo para participar neste concurso, que finaliza o 5 de novembro.
Fonte: Noticias de Navarra
O conselleiro de Educación e Cultura de Asturias reuniuse co ministro de Educación e solicitoulle a creación dunha especialidade de Lingua Asturiana.
Fonte: El Diario
Subscríbase ao boletín