Os recortes en educación obrigarán a un total de 20 profesores da Escola de Linguas Modernas da Universidade do Ulster a perder os seus empregos.
Fonte: Belfast Live
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os recortes en educación obrigarán a un total de 20 profesores da Escola de Linguas Modernas da Universidade do Ulster a perder os seus empregos.
Fonte: Belfast Live
Só 377 escolas públicas do estado de Australia Occidental ofertan clases de linguas diferentes ao inglés, fronte ás 523 do ano pasado.
Fonte: ABC
O Tribunal Supremo de Paquistán ordenou a aplicación inmediata do Artigo 251 que establece que o urdú debe ser a lingua oficial das oficinas gobernamentais.
Fonte: Geo
O Instituto Cervantes, a Universidade de Salamanca e a Universidade Nacional Autónoma de México presentaron un novo certificado do dominio do español por medios electrónicos: o SIELE (Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española).
Fonte: El Mundo Financiero
A nova corporación municipal de Llanera decidiu poñer en marcha un servizo de normalización lingüística no Concello.
Fonte: Asturies.com
Este obradoiro de lingua e cultura galegas está dirixido a persoas de fóra de Galicia e inmigrantes ou emigrantes retornados, así como calquera persoa interesada en coñecer o idioma e a cultura de Galicia.
Fonte: Concello de Ames
O Ulises de James Joyce xa se pode ler en éuscaro grazas á tradución que vén de publicar a editorial Igela.
Fonte: EiTB
Ao longo do mes de setembro Redondela acollerá varias actividades de dinamización lingüística dirixidas a bebés e á primeira infancia, como apoio ao desenvolvemento do programa Apego.
Fonte: SNL de Redondela
Galejobs é un portal destinado a persoas residentes en Galicia que procuran un posto de traballo. Un grupo de profesionais de diferentes ámbitos puxo en marcha este servizo dispoñible integramente en lingua galega.
Fonte: Código Cero
O director da compañía IB3 quere que a Universidade das Illas Baleares sexa a responsable de coordinar o modelo lingüístico deste ente.
Fonte: El Día
Subscríbase ao boletín