Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de outubro de 2014

    O Concello de Castrillón acaba de pór en funcionamento o Servizo de Normalización Lingüística, un servizo público a disposición de toda a cidadanía que ten por obxecto promover e facilitar o uso do asturiano na institución municipal e entre os veciños do municipio.

    Fonte: Asturnews

    01 de outubro de 2014

    Coincidindo co Día Europeo das Linguas 2014, a Dirección Xeral de Política Lingüística difundirá o vídeo “O catalán, lingua para todos” subtitulado en 18 linguas. O vídeo mostra o catalán como lingua moderna, competitiva e aberta ao mundo en diálogo con outras linguas a partir de datos sobre a situación actual e a evolución que fixo nos últimos anos.

    30 de setembro de 2014

    O Goberno estoniano prevé a creación dunha canle de televisión en lingua rusa para dentro dun ano. O novo espazo formará parte de ERR, a empresa pública de radiodifusión de Estonia.

    Fonte: Baltic Business News

    30 de setembro de 2014

    O Instituto Portugués do Oriente (IPOR) asinou un acordo de cooperación coa escola secundaria da cidade continental chinesa de Shenyang para o ensino da lingua e cultura portuguesas naquela institución.

    Fonte: Mundo Português

    30 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis co Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, que na súa terceira edición reunirá durante unha semana na illa de San Simón, en Redondela, sete recoñecidos poetas e, á vez, tradutores literarios procedentes de diversos países.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de setembro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o programa de dinamización lingüística "Enreda coa lingua", que inclúe tres obradoiros artísticos dirixidos ao público infantil.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de setembro de 2014

    O Concello de Pamplona xa aprobou as bases das convocatorias de axudas para a organización de actividades artísticas e culturais tanto en castelán como en éuscaro.

    Fonte: Pamplona Actual

    30 de setembro de 2014

    O director de Dereitos Humanos de Osakidetza, José María Armentia, explicou que traballa nun proxecto para ofrecerlles aos profesionais que conforman as bolsas de traballo a posibilidade de mellorar o seu nivel de éuscaro co fin de cubrir as substitucións co persoal bilingüe.

    Fonte: ABC

    29 de setembro de 2014

    A Universidade de Luxemburgo iniciou un estudo que permitirá investigar a importancia da lingua materna na aprendizaxe de linguas estranxeiras e no éxito escolar dos emigrantes portugueses. O estudo contará coa participación dunha centena de nenos e nenas portugueses que viven no país.

    Fonte: RTP

    29 de setembro de 2014

    Aínda que goza do mesmo status respecto ao inglés e o francés en Nunavut, territorio autónomo do Canadá, a lingua inuit (ou inuktitut) está nunha "situación de inferioridade" respecto ás outras dúas, declarou a comisaria de linguas de Nunavut, Sandra Inutiq.

    Fonte: Nunatsiaq Online

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder