Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de setembro de 2014

    O Instituto de Estudos Eivisencos quere que o Goberno insular tome cartas na «inobxetable abandono» da que acusa a Administración pública «no mantemento da presenza do catalán» nos ámbitos da súa competencia.

    Fonte: Diario de Ibiza

    26 de setembro de 2014

    En 2012, o inglés foi a lingua máis comunmente estudada polo alumnado europeo de ensino secundario, cun índice do 97,1 %, moi por diante do francés (34,1 %), o alemán (22,1 %) e o español (12,2 %). A importancia do inglés na Europa dos 28 queda tamén confirmada ao ser a primeira lingua estranxeira de referencia para o ensino en case todos os estados.

    Fonte: Prague Post

    26 de setembro de 2014

    O inglés é a lingua estranxeira máis aprendida na Unión Europea. Máis do 96 % do alumnado está a aprender a lingua de Shakespeare. A continuación, seguen o francés, o alemán e o español. En Portugal, a aprendizaxe do inglés continúa a dominar, mais cun descenso significativo, e aumenta o número de estudantes de español.

    Fonte: Jornal de Negócios

    26 de setembro de 2014

    Concertos multilingües en Zagreb e Vilnius, unha exposición en París sobre a tradución da Odisea de Homero e minicursos de linguas nas bibliotecas berlinesas son algunhas das iniciativas programadas para celebrar a nova edición do Día Europeo das Linguas.

    Fonte: West

    26 de setembro de 2014

    A Unión Democrática Maxiar de Romanía (UDMR, principal partido da comunidade húngara de Transilvania) propuxo a creación dun consello e un goberno propios co húngaro e o romanés como linguas oficiais. Porén, o primeiro ministro de Romanía declarou que non está a favor "de ningún tipo de autonomía" territorial no país.

    Fonte: Nationalia

    26 de setembro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, mantivo en Santiago unha reunión de traballo co seu homólogo vasco, Patxi Baztarrika, para abordar cuestións relativas ao vindeiro informe de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), tratado internacional aprobado polo Consello de Europa no ano 1992 e ratificado polo Goberno español en 2001 para favorecer o uso das linguas cooficiais.

    26 de setembro de 2014

    Segundo fixeron saber os responsables da posta en marcha do Kit para a Normalización, trátase “dun recurso pensado para facilitar o traballo das persoas que están a participar na normalización do galego, especialmente das que realizan o seu labor desde os concellos de Galicia”.

    Fonte: Código Cero

    26 de setembro de 2014

    As propostas de lecer infantís “As fabas máxicas” e “Os Bolechas e o Sabichón” despiden en nove concellos da Coruña as súas exitosas xiras no marco do FalaRedes 2014, o programa de fomento do galego promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co que visitaron un total de 85 vilas de toda Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de setembro de 2014

    O proxecto de orzamento da Cámara Alta, que será aprobado no Consello de Ministros, reduce o importe desta partida un 5,7 % con respecto ao exercicio anterior.

    Fonte: Voz Pópuli

    26 de setembro de 2014

    Un toque feminino de tres enormes mulleres vascas que, “aínda que elas non o crean, se parecen”, explica tras a presentación da película no festival un dos codirectores do filme, Jon Garaño, que xunto a Jose Mari Goneaga conseguiron que este certame seleccione por primeira vez unha película rodada en éuscaro na competición pola Concha de Ouro.

    Fonte: 20 Minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder