Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de setembro de 2014

    A Universidade de Santiago pecha o 30 de setembro o prazo para presentar traballos de fin de grao e de fin de mestrado aos Premios á Calidade Lingüística. O certame recoñece os mellores traballos académicos do curso 2013-2014.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    24 de setembro de 2014

    O Tribunal Superior das Illas Baleares ditou tres sentenzas nas que declara nulo o Decreto do Consello de Goberno co que se regula o TIL (tratamento integrado das linguas) nos centros docentes non universitarios de Baleares porque se aprobou sen a “imprescindible” consulta á Universidade das Illas Baleares.

    Fonte: El Mundo

    24 de setembro de 2014

    Este curso a Universidade do País Vasco impartirá un total de 274 materias en lingua estranxeira (246 en inglés, 25 en francés e tres en alemán). O salto é maiúsculo, tendo en conta que en 2006 a oferta apenas chegaba ás 16 materias. Nunha década o ensino en lingua estranxeira multiplicouse por dezasete.

    Fonte: Noticias de Gipúzkoa

    23 de setembro de 2014

    A Escola de Antropoloxía e Historia do Norte de México (EAHNM), con sede na cidade de Chihuahua, impulsa accións de investigación, documentación, valoración e fortalecemento das linguas indíxenas do norte do país, orientadas a propiciar a súa revitalización, ante o proceso de desprazamento que sufriron historicamente.

    Fonte: El Sol de México

    23 de setembro de 2014

    A ministra responsable de asuntos francófonos do estado canadense de Ontario, Madeleine Meilleur, anunciou que unha plataforma multimedia de lingua francesa estará á disposición do alumnado de francés como segunda lingua.

    Fonte: La Presse

    23 de setembro de 2014

    Unha empresa brasileira de nova creación, Backpacker, lanzou un xogo en liña onde os usuarios poden aprender inglés por medio de éxitos musicais.

    Fonte: Correio

    23 de setembro de 2014

    A Concellería de Cultura do Concello da Coruña organiza o programa "Xuntoiro, grupos de conversa en galego" deseñados para persoas que están aprendendo esta lingua e queren mellorar a súa competencia oral.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de setembro de 2014

    Saber idiomas e acreditalo coas titulacións correspondentes achegaralles un plus aos aspirantes a formar parte da Policía Municipal de Estella. O Concello cubrirá este ano tres prazas mediante oposición e decidiu outorgar unha puntuación engadida os seus candidatos polo coñecemento –no mesmo plano todos eles- do inglés, francés, alemán e éuscaro.

    Fonte: Diario de Navarra

    23 de setembro de 2014

    Entre os anos 2008 e 2013 subtituláronse en catalán 3694 filmes que se exhibiron nos diferentes festivais de cine de Cataluña. Destes, un total de 880 son longametraxes e 2614, curtametraxes. Esta actividade foi posible grazas a un convenio establecido entre o Departamento de Cultura e a Coordinadora de Festivais e Mostras de Cine e Vídeo de Cataluña (CI & VI) para promover a subtitulación en catalán de produtos audiovisuais.

    22 de setembro de 2014

    O ministro de Educación de Angola, Pinda Simão, declarou que unha das grandes limitacións do sistema de ensino en Angola é o fraco dominio da lingua portuguesa por parte do alumando e mesmo por algúns docentes.

    Fonte: África 21 Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder