Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de setembro de 2014

    A conselleira de Educación, Irene Rigau, lembrou que o árabe se imparte en centros educativos cataláns desde 1991, por un acordo entre Marrocos e España, aínda que confirmou que o último plan do Goberno rexional con ese país inclúe a posibilidade de incorporar esta lingua como optativa en secundaria.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de setembro de 2014

    O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia son os galardoados deste ano cos Premios da Cultura Galega, que constitúen un recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levará esta semana tres exitosas propostas de lecer no noso idioma a seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 “Literatura galega: identidade, alteridade e exilio”, por medio do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Complutense de Madrid, dependente da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na mesa inaugural do IX Ciclo de mesas redondas “Escritores na Universidade” que se celebra ata o 8 de outubro na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, apoia a posta en valor da figura e da obra do intelectual lugués Manuel Rodríguez López.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A mingua horaria do profesorado impedirá a alumnos a alumnas de Bacharelato do IES J.J. Calvo Miguel de Sotrondiu cursar asturiano neste centro, segundo denunciou a Asociación de Pais e Nais.

    Fonte: Asturnews

    18 de setembro de 2014

    O Instituto de Estudos Cataláns, Òmnium Cultural e a Plataforma pola Lingua denunciaron durante a presentación do VII Informe sobre a Lingua Catalá “unha involución sen precedentes” contra este idioma a partir da creación dun “novo marco legal” estatal e autonómico.

    Fonte: El Periódico de Extremadura

    17 de setembro de 2014

    Os habitantes do cantón suízo de Lucerna pronunciaranse sobre a supresión dunha lingua estranxeira da escola primaria. Representantes de diferentes partidos políticos e a asociación de docentes do cantón recolleron máis de 7000 sinaturas para apoiar a iniciativa.

    Fonte: RTS

    17 de setembro de 2014

    A Comisión Técnica do Inventario Nacional da Diversidade Lingüística do Brasil (INDL), pertencente ao Instituto de Patrimonio Histórico e Artístico Nacional, incluíu dúas linguas indíxenas (o asurini da terra de Trocará e o guaraní mbyá) na lista de referencias culturais brasileiras.

    Fonte: EBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder