Seis funcionarios diplomáticos de Guinea Ecuatorial concluíron en Portugal un curso intensivo de lingua e cultura portuguesas no marco dun protocolo de cooperación asinado entre os gobernos dos dous países.
Fonte: Portugal Digital
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Seis funcionarios diplomáticos de Guinea Ecuatorial concluíron en Portugal un curso intensivo de lingua e cultura portuguesas no marco dun protocolo de cooperación asinado entre os gobernos dos dous países.
Fonte: Portugal Digital
A corporación pública de radiodifusión de Irlanda, RTÉ, anunciou que os sitios web RTÉ.ie e RTÉ News Now App contarán agora por primeira vez con contidos de noticias nacionais, internacionais e rexionais en lingua irlandesa.
Fonte: The Irish Times
O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acolle unha nova edición das Xornadas Estivais, un foro de debate no que se analiza a actualidade coa participación dos veciños. Nesta décimo sexta edición, o tema que se debaterá será o da ciencia en Galicia e o uso da lingua galega en diversos campos da investigación científica.
Fonte: Pontevedra Viva
Dúas resolucións ditadas no prazo de apenas vinte días polo Tribunal Administrativo de Navarra volven revelar que o equipo de Goberno de UPN no Concello de Pamplona incumpre de forma reiterada e case consciente a súa propia normativa sobre o éuscaro, aprobada en 1997 baixo a denominación formal de Ordenanza Reguladora da Utilización e Fomento do Éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A actual situación económica e laboral que atravesa España fixo que aumente de forma extraordinaria a preocupación de miles de pais pola formación idiomática dos seus fillos, segundo un estudo realizado por Pueblo Inglés-Diverbo sobre máis de 1500 enquisados de todo o país. O inglés converteuse na materia máis importante para os pais. Nunha escala do 1 ao 4, un 86 % dos enquisados dálle maior prioridade ao idioma por diante das matemáticas, lingua ou coñecemento do medio.
Os videoxogos constitúen unha industria a nivel mundial. Porén, a lingua que se emprega habitualmente é o inglés ou, se cadra, o francés. Co fin de facer fronte a esta situación, algunhas empresas como Sony ou Microsoft anunciaron que crearán produtos en lingua árabe para atender as necesidades dos clientes de Oriente Medio.
Fonte: The National
No marco da preservación dos valores culturais de Gabón, especialmente as súas linguas vernáculas ameazadas en beneficio do francés, a lingua da colonización, o país africano podería oficializar en breve tres linguas nacionais: fang, omiene e teke.
Fonte: Gaboneco
O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas manifestou “satisfacción” pola expansión do ensino da lingua portuguesa en Venezuela e pola forte influencia de Portugal, que fai que a maior parte dos alumnos siga a norma europea.
Fonte: Observador
Un antropólogo da Universidade de Indiana (EUA) recibiu financiamento de dúas axencias federais para un proxecto que pretende preservar e revitalizar unha lingua ameazada falada por mil persoas nunha zona rural de México.
A Concellería de Xuventude pon en marcha por segundo ano o Programa de Intercambio Lingüístico "Busco parella lingüística". Esta iniciativa pretende facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua.
Subscríbase ao boletín