Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de setembro de 2014

    Os Bolechas, a serie infantil en galego máis exitosa da televisión, dará o salto a Asturias. A Televisión do Principado de Asturias emitirá este programa en lingua asturiana. Vacaloria Producións está a traballar na dobraxe do programa e a dirección do ente público de comunicación de Asturias anunciará en datas próximas a súa emisión.

    Fonte: Galicia Confidencial

    10 de setembro de 2014

    A Fundación Capes divulgou a convocatoria para a selección de profesores asistentes de lingua portuguesa nos EUA para o curso 2014-2015. O obxectivo é incrementar o ensino do portugués en universidades estadounidenses e estreitar as relacións bilaterais entre o Brasil e os EUA.

    Fonte: Portal Brasil

    10 de setembro de 2014

    O Instituto Camões anunciou que o Centro Cultural Portugués de Maputo (Mozambique) e a Universidade Eduardo Mondlane serán os encargados de organizar a 26 edición do Curso de Literaturas en Lingua Portuguesa na capital mozambicana.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    10 de setembro de 2014

    O Goberno repartirá 387 600 euros entre os centros públicos que queiran levar a cabo proxectos trilingües ou plurilingües co éuscaro como “eixe” –en Primaria, Secundaria e Bacharelato durante dous anos. Pola súa parte, a rede concertada, que escolariza a outra metade do alumnado vasco, opta a algo mais de 1,3 millóns de euros para desenvolver estes plans e formar os seus docentes.

    Fonte: El Mundo

    10 de setembro de 2014

    O Tribunal Superior de Xustiza de Aragón suspendeu cautelarmente a inclusión do aragonés no currículo de Primaria, solicitada pola Fundación Gaspar Torrente que rexeita a imposición dunha ortografía diferente á que se viña ensinando historicamente.

    Fonte: Heraldo

    09 de setembro de 2014

    As produtoras de radiodifusión en gaélico de Escocia recibirán un millón de libras esterlinas adicionais do Goberno do Reino Unido para apoiar os servizos audiovisuais nesta lingua, anunciou o secretario de Facenda do Reino Unido, Danny Alexander.

    Fonte: The Courier

    09 de setembro de 2014

    Unha escola do sur de Finlandia está a punto de converterse na primeira do país en ensinar en finés e sueco. Actualmente os centros educativos finlandeses ensinan nunha das dúas linguas oficiais do país, finés ou sueco, e ofrecen o outro idioma como materia adicional.

    Fonte: Uutiset

    09 de setembro de 2014

    A Mesa pola Normalización Lingüística fixo público un novo caso de discriminación lingüística por parte da Administración Xeral do Estado, concretamente do Instituto Nacional de Estatística.

    Fonte: Galicia Confidencial

    09 de setembro de 2014

    O 62 % dos centros educativos galegos xa imparte varias materias en inglés, ademais da propia materia de lingua estranxeira.

    Fonte: Faro de Vigo

    09 de setembro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes promove a campaña de dinamización lingüística “E ti, a que xogas?”, que ten como obxectivo fomentar os usos e as actitudes favorables cara ao galego no ámbito do deporte, especialmente influente para a mocidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder