Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de setembro de 2014

    O novo sistema operativo de Apple, OS X Yosemite, permitiralles aos usuarios escoller o napolitano e o siciliano como linguas para os terminais, despois de que a Unesco aceptase estes idiomas como linguas maternas.

    Fonte: Il Messaggero

    03 de setembro de 2014

    “Que falen as linguas / Que parlen les llengües” é o título do encontro literario galego-catalán que se desenvolve no pub Modus Vivendi en Compostela.

    Fonte: Sermos Galiza

    03 de setembro de 2014

    Os históricos selos editoriais valencianos Bromera e Tàndem, probablemente os que máis prestixio conseguiron dentro da edición en valenciano na recente historia impresa desta lingua, chegaron a un acordo polo que o primeiro adquire a marca Tàndem e “boa parte do seu catálogo”, ademais da responsabilidade da súa difusión.

    Fonte: El País

    02 de setembro de 2014

    Activistas a prol da lingua galesa alertaron que o municipio de Swansea non está a empregar suficientemente o galés nas redes sociais e denuncian que non se está a cumprir o Plan da Lingua Galesa aprobado pola entidade local.

    Fonte: South Wales Evening Post

    02 de setembro de 2014

    O organismo quebequés "Impératif français" aproveitou a festa do traballo para lanzar a súa campaña anual "Eu traballo en francés". Por medio desta iniciativa difundiranse espazos publicitarios na radio e na televisión para instar os gobernos e os empresarios a fomentar o francés no ámbito do traballo no Quebec.

    Fonte: La Presse

    02 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos de linguaxe administrativa galega (niveis medio e superior) e cursos preparatorios para a obtención dos Celga, para o curso 2014/2015, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de setembro de 2014

    Vendéronse uns 1600 libros, o 67 % dos cales estaba en galego. Por cuarto ano consecutivo, na Praza dos Libros de Carballo vendéronse máis títulos en galego ca en castelán, algo que se incrementou notablemente desde o ano pasado.

    Fonte: Semos Galiza

    02 de setembro de 2014

    Vigo Dixital é un novo diario en liña centrado na actualidade da principal cidade do país, xurdido das cinzas dunha chea de medios xa desaparecidos co firme obxectivo de facer tres cousas: tirar o máximo proveito das posibilidades das novas correntes de comunicación en liña (participativas, colectivas, transparentes), informar en galego a tempo completo e achegarse á veciñanza tanto como sexa posible.

    Fonte: Código Cero

    02 de setembro de 2014

    O sistema de educación plurilingüe incluirá o próximo curso 2014/2015 todo o segundo ciclo de Educación Infantil, o que beneficiará 18 000 alumnos de tres, catro e cinco anos da provincia de Castellón.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    02 de setembro de 2014

    Catro de cada dez mozos vascos de entre 15 e 29 anos matricularían os seus fillos, de telos, en modelo trilingüe (éuscaro, castelán e inglés), segundo datos da enquisa “Retratos de xuventude” elaborada polo Goberno vasco.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder