Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de setembro de 2014

    Un grupo de lingüistas alertou que as linguas indíxenas de Nova Zelandia (linguas do Pacífico e maorí) están ameazadas polo descenso do número de falantes nativos. Algunhas delas poderían desaparecer nesta xeración se o Goberno neozelandés non fai nada para impedilo.

    Fonte: Pacific Scoop

    01 de setembro de 2014

    O Reino Unido está a piques de aplicar unha importante modificación no plan de estudos do ensino público. Entre outras moitas novidades, a partir do vindeiro curso, o estudo de linguas estranxeiras pasará a ser obrigatorio para o alumnado de educación primaria.

    Fonte: Mail Online

    01 de setembro de 2014

    Iniciativa polo Asturiano quere amosar o seu rexeitamento á exclusión da lingua asturiana en todas as partes do grupo Transportes Unidos de Asturias S.A. (T.O.A), que ofrece o servizo público de transporte de autobús no concello da capital, e que acaba de estrear unha nova páxina web e liñas de servizo.

    Fonte: Info Asturies

    01 de setembro de 2014

    A asociación Euskaraz bizi eta ikasi presentou a súa terceira iniciativa este ano para defender o dereito a estudar e vivir en éuscaro en Navarra, un CD con 20 cancións de 20 grupos diferentes “para reivindicar o dereito a vivir e estudar en éuscaro que temos en todo Nafarroa e para estender esta mensaxe por todos os recunchos de Euskal Herria”, dixo Jorge Arias, un responsable da plataforma.

    31 de agosto de 2014

    A transmisión radiofónica "Quíchua Hatari" foi presentada nos Estados Unidos co fin de preservar a variante desta lingua orixinaria falada no Ecuador. Os expertos afirman que o uso do quechua está diminuíndo mundialmente, debido, en parte, ao aumento do uso do inglés e do español entre os falantes nativos.

    Fonte: ZH

    31 de agosto de 2014

    A Asociación Facer Avanzar (AFA), constituída en Leiria (Portugal), abrirá en Coímbra unha escola de linguas e culturas para inmigrantes co fin de "romper prexuízos" e valorizar o intercambio de culturas.

    Fonte: iOnline

    29 de agosto de 2014

    O Concello de Vitoria ofertará máis de 80 cursos de éuscaro no período 2014-2015, entre eles varios dirixidos a maiores de 55 anos e estranxeiros.

    Fonte: ABC

    29 de agosto de 2014

    A aplicación, ademais de ofrecer material didáctico, usa técnicas de gamificación (o uso de dinámicas propias dos xogos e o ocio en actividades non recreativas) a través da publicación dos resultados de lecturas e exercicios nunha clasificación que todos os usuarios poden ver, para fomentar a participación e as ganas de aprender, anunciou a Europa Press a creadora do proxecto, Addaia Verrié.

    Fonte: Invertia

    29 de agosto de 2014

    O español é a lingua máis feliz do mundo, segundo unha investigación da Universidade de Vermont (Estados Unidos) despois de analizar máis de 100 000 palabras de uso frecuente en 24 linguas diferentes.

    Fonte: La Voz de Galicia

    29 de agosto de 2014

    A República Islámica de Irán é anfitrioa da IX Conferencia Internacional de Promoción do Idioma e a Literatura Persa, destinada a estudar a situación desta lingua, así como os últimos estudos realizados ao respecto.

    Fonte: Entorno Inteligente

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder