Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de setembro de 2014

    O ministro de Educación de Malta, Evarist Bartolo, está iniciando unha campaña para manter e mellorar os niveis de dominio da lingua inglesa no país insular. O programa inclúe unha revisión dos niveis de inglés do alumnado das escolas.

    Fonte: Times of Malta

    22 de setembro de 2014

    Ata hai ben pouco, a investigación en tradución multimedia centrábase case exclusivamente na dobraxe e o subtitulado de series e películas pero nos últimos anos e en paralelo ao volume de negocio xerado, multiplicáronse as traducións de videoxogos, páxinas web, programas informáticos e aplicacións.

    Fonte: Universidade de Vigo

    22 de setembro de 2014

    A Deputación Foral de Guipúscoa aprobará as próximas semanas o decreto que priorizará o éuscaro na xestión lingüística na entidade. A voceira foral Larraitz Ugarte explicou que aínda que na práctica xa se lle dá prioridade ao éuscaro, a deputación “quere que esta prioridade estea recollida formalmente”.

    Fonte: Diario Vasco

    22 de setembro de 2014

    O Servizo Valenciano de Emprego e Formación (Servef) facilitaralles intérpretes de lingua de signos aos alumnos con discapacidade auditiva que participen nas acción formativas da programación de 2014 de formación para o emprego, para o que se previu unha cifra inicial de 25 000 euros.

    Fonte: La Vanguardia

    20 de setembro de 2014

    Membros do colectivo en defensa da lingua bretoa Ai'ta devolveron simbolicamente ao Consello Xeral do Departamento de Morbihan unha centena de sinais viarios escritos unicamente en francés para demandar "unha verdadeira política lingüística para a lingua bretoa".

    Fonte: Le Télégramme

    19 de setembro de 2014

    O ministro de Educación angolano, Pinda Simão, garantiu que o país "está a traballar" sobre o novo acordo ortográfico da lingua portuguesa, que Angola aínda non subscribiu, e que no "debido momento" será tomada unha decisión ao respecto.

    Fonte: A Bola

    19 de setembro de 2014

    O proxecto para a documentación da lingua palikur da profesora brasileira Elissandra Barros recibirá financiamento dun programa de linguas ameazadas da Universidade de Londres. Ata 2015, a profesora documentará a cultura e a lingua falada polos indíxenas palikur da rexión norte do estado de Amapá.

    Fonte: Globo

    19 de setembro de 2014

    A Academia Brasileira de Letras (ABL) lanzou unha aplicación gratuíta de consulta do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa (Volp). Os usuarios desta aplicación para teléfonos intelixentes e tablets poderán consultar os case 400 000 termos que xa seguen as novas regras previstas no Acordo Ortográfico.

    Fonte: O Povo

    19 de setembro de 2014

    Cumpridos xa dez anos desde a aprobación por unanimidade no Parlamento de Galicia do Plan xeral de normalización da lingua galega, a Mesa pola Normalización Lingüística presenta un informe no que se sinala o incumprimento das medidas planificadas no seu día para os diferentes sectores e áreas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de setembro de 2014

    Aínda que oficialmente só hai tres liñas, Euskadi camiña xa cara a un sistema con tantos programas lingüísticos diferentes como centros.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder