Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis co Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, que na súa terceira edición reunirá durante unha semana na illa de San Simón, en Redondela, sete recoñecidos poetas e, á vez, tradutores literarios procedentes de diversos países.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de setembro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o programa de dinamización lingüística "Enreda coa lingua", que inclúe tres obradoiros artísticos dirixidos ao público infantil.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de setembro de 2014

    O Concello de Pamplona xa aprobou as bases das convocatorias de axudas para a organización de actividades artísticas e culturais tanto en castelán como en éuscaro.

    Fonte: Pamplona Actual

    30 de setembro de 2014

    O director de Dereitos Humanos de Osakidetza, José María Armentia, explicou que traballa nun proxecto para ofrecerlles aos profesionais que conforman as bolsas de traballo a posibilidade de mellorar o seu nivel de éuscaro co fin de cubrir as substitucións co persoal bilingüe.

    Fonte: ABC

    29 de setembro de 2014

    A Universidade de Luxemburgo iniciou un estudo que permitirá investigar a importancia da lingua materna na aprendizaxe de linguas estranxeiras e no éxito escolar dos emigrantes portugueses. O estudo contará coa participación dunha centena de nenos e nenas portugueses que viven no país.

    Fonte: RTP

    29 de setembro de 2014

    Aínda que goza do mesmo status respecto ao inglés e o francés en Nunavut, territorio autónomo do Canadá, a lingua inuit (ou inuktitut) está nunha "situación de inferioridade" respecto ás outras dúas, declarou a comisaria de linguas de Nunavut, Sandra Inutiq.

    Fonte: Nunatsiaq Online

    29 de setembro de 2014

    O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Moaña organiza este outono unha nova edición do seu programa "Canto Xogo!", co obxectivo de proporcionar ferramentas de lecer a nenos de entre 4 e 10 años en galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    29 de setembro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asegurou, con motivo do Día Europeo das Linguas, que a Xunta seguirá impulsando o galego, a lingua maioritaria na comunidade, dixo, aínda que debido ao éxodo poboacional esta tarefa "non vai ser un camiño de rosas".

    Fonte: El Progreso

    29 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Coruña na rolda de prensa na que se fixo público o ditame do xurado da VIII edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de setembro de 2014

    O 62 % dos axentes non domina o idioma e o Executivo pretende que sexa “requisito” no futuro para acceder á Policía autonómica.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder