Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de agosto de 2013

    O obxectivo desta rolda popular é “sacar o éuscaro á rúa”, como conta Koldo Viñuales. “Desta forma o éuscaro está presente nas festas e a xente pode gozar del de forma lúdica”, afirma. As cancións escollidas, todas elas en éuscaro, son cancións coñecidas.

    Fonte: Noticias de Navarra

    09 de agosto de 2013

    Unha investigación presentada no marco do Congreso de Estudos Bolivianos revelou que das 54 linguas nativas de Bolivia, 15 xa están extintas (28 %), 11 se encontran moribundas (20 %), 20 están seriamente ameazadas (37 %) e só o 14 % delas se fala actualmente.

    Fonte: Correo del Sur

    09 de agosto de 2013

    De agosto do ano pasado ata agora, aumentou case un 30 % o número de estranxeiros que se interesaron polos cursos de portugués para estranxeiros na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. O coordinador dos cursos subliña o aumento do interese dos orientais pola lingua portuguesa.

    Fonte: Tsf

    09 de agosto de 2013

    A actividade de promoción do galego na época estival Augalingua, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, conclúe o seu itinerario por 18 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de agosto de 2013

    Emparellados é un quebracabezas para pasar o tempo no móbil ou tablet cuxa interface pode configurarse para amosar textos en español, galego, inglés e koruño.

    Fonte: Código Cero

    08 de agosto de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza diversas actividades de dinamización e formación lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a poboación mariñá.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de agosto de 2013

    A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) comeza a dar pasos en firme para mellorar e regularizar a situación dos xornais, radios, televisións ou webs que apostan polo galego como vía de comunicación. Con este obxectivo, varios membros deste colectivo entrevistáronse coa secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ambos os dous comprometéronse a traballar conxuntamente coa AMEGA para potenciar a situación dos medios en galego.

    08 de agosto de 2013

    O popular xestor de contidos WordPress vén de estrear a súa versión 3.6, que xa está dispoñible en galego, e que supón unha interesante actualización para esta potente plataforma.

    Fonte: Código Cero

    08 de agosto de 2013

    A asociación cultural Faceira e o Concello de Astorga convocaron uns novos galardóns literarios en leonés que levarán o nome de Astúrica.

    Fonte: Diario de León

    08 de agosto de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas, na presentación de dúas novas obras na Feira do Libro da Coruña.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder