A Área de Catalán convida á participación no programa académico PARELLÆS de intercambio lingüístico e cultural galego-catalán entre estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Educación, César Díez Solís, anunciou a posta en marcha dun novo portal para a aprendizaxe do portugués, denominado ‘Rincón didáctico de Portugués’, que será elo “embrión” dun banco de recursos dispoñibles na rede.
Fonte: Digital de Extremadura
No Pazo da Cultura de Carballo celébrase a 2ª edición do Premio Abertos ao Galego, concedido pola Mesa pola Normalización Lingüística á cadea de electrodomésticos San Luís.
Fonte: Código Cero
A presidenta do Consorcio pola Normalización Lingüística e directora xeral de Política Lingüística inaugurou as I Xornadas de Dinamización: metodoloxías, experiencias e adaptación a novos escenarios.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Santiago de Compostela “Acuario”, unha das cinco propostas que está a despregar no marco do programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Educación comezou a elaborar unha nova mostra para actualizar os coñecementos e competencias lingüísticas que teñen os alumnos da comunidade.
Fonte: Faro de Vigo
A campaña para solicitarlle a Google a tradución de Android ao galego parece estar a dar os seus froitos, e xa se produciu a primeira xuntanza dos organizadores desta iniciativa con persoal da compañía de Mountain View.
Fonte: Código Cero
O Concello de Eivisa, a través do departamento de Normalización Lingüística, viuse obrigado a aumentar a oferta dos obradoiros de Lingua Catalá para Primaria do curso 2013/2014 debido ao incremento no número de inscricións este ano.
Fonte: Nou Diari
O sector das industrias da lingua en Euskadi forma un conglomerado dun millar de entidades –entre empresas e autónomos- que empregan a 5000 profesionais e que facturou o ano pasado 276 millóns de euros, case un 1 % do PIB.
Fonte: Deia
Un estudo sobre habilidades laborais revela que os falantes de galés adoitan estar máis cualificados que os que só falan inglés. Así mesmo, o estudo demostra que existen importantes diferenzas de aprendizaxe e rendemento entre estes dous grupos de falantes.
Fonte: Daily Post
Boletín
Subscríbase ao boletín
