Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de novembro de 2013

    A Comisión de Asuntos Indíxenas da Cámara de Deputados mexicana aprobou unha resolución para introducir o ensino das linguas indíxenas na educación básica.

    Fonte: Starmedia

    15 de novembro de 2013

    O comisario de linguas oficiais de Canadá, Graham Fraser, considera que a cidade de Ottawa debe converterse nunha capital bilingüe e lamenta que a comunidade anglófona do país e o propio alcalde da cidade non opinen o mesmo.

    Fonte: La Presse

    15 de novembro de 2013

    A Deputación da Coruña convoca subvencións a entidades locais para a creación ou mantemento de seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2014. O prazo de solicitude remata o 10 de decembro de 2013.

    Fonte: CTNL

    15 de novembro de 2013

    Este último capítulo dun laborioso e complexo traballo, no que se recollen en éuscaro un total de 2063 topónimos despois de analizar un corpus total de máis de 400 000 rexistros pertencentes aos últimos seis séculos, preséntase en DVD para telo todo dispoñible a golpe de clic.

    Fonte: El Correo

    15 de novembro de 2013

    O número de persoas que fala catalán supera por primeira vez os 10 millóns, o que supón un 72,4 % da poboación da comunidade lingüística, segundo o VI informe sobre a situación da lingua catalá, con datos de 2012.

    Fonte: Diario de Mallorca

    14 de novembro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, ratificou a colaboración da Xunta de Galicia coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa Universidade da Coruña (UDC) e coa Universidade de Vigo (UVigo) para levar a cabo programas nos que se enmarcarán diferentes accións en materia de investigación lingüística ata o ano 2015, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de novembro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, asinaron un protocolo de colaboración para a organización e a execución conxunta de múltiples actividades no ámbito da lingua e a cultura galegas nos centros dependentes do instituto.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Guitiriz colaborarán en 2014 para difundir e poñer en valor a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor ao que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o próximo ano as Letras Galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de novembro de 2013

    O ciclo "O galego na vangarda tecnolóxica" estase a celebrar na Facultade de Filoloxía e Tradución na Universidade de Vigo. Entre outras cousas, fai fincapé no positivo que sería empregar o galego ata as últimas consecuencias nas redes sociais.

    Fonte: Código Cero

    14 de novembro de 2013

    O maxistrado da Sección Segunda da Audiencia Provincial, Xosé Xoán Barreiro Prado, e Anxos Sobriño, membro do equipo lingüístico deste tribunal, participaron nun acto organizado pola asociación Queremos Galego Marín.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder