Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de novembro de 2013

    O Concello de Pamplona convocou as subvencións a entidades culturais e artísticas para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro ao longo do ano 2013.

    Fonte: Noticias de Navarra

    08 de novembro de 2013

    Un minucioso estudo revela que falar unha segunda lingua podería adiar a aparición de certas formas de demencia en persoas anciás.

    Fonte: La Presse

    08 de novembro de 2013

    Unha organización sen ánimo de lucro está a buscar financiamento para abrir a primeira escola de educación preescolar en lingua córnica no Reino Unido a partir do próximo ano.

    Fonte: Nursery World

    08 de novembro de 2013

    Nos últimos "cinco ou seis anos a explosión (do ensino) do portugués en China foi fantástica" declarou o profesor Carlos Ascenso André, un dos oradores do relatorio "Ensino da Lingua Portuguesa en China", un dos temas a debate da pasada conferencia internacional "Lingua Portuguesa no Sistema Mundial".

    Fonte: Expresso

    08 de novembro de 2013

    O Concello croata de Vukovar modifica o seu estatuto e oficializa só o croata e o alfabeto latino, en detrimento do serbio e o alfabeto cirílico. O Consello Nacional Serbio denunciará a decisión perante o Tribunal Constitucional.

    Fonte: Nationalia

    08 de novembro de 2013

    A Real Academia Galega e o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa estudan posibles colaboracións en diferentes áreas para o fortalecemento de ambas as linguas.

    Fonte: La Opinión

    08 de novembro de 2013

    O Consello de Goberno autorizou a formalización dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Cultura e Deporte e a Oficina Nacional de Promoción Internacional da Lingua Chinesa, Hanban, para promover o ensino da lingua chinesa nas escolas oficiais de idiomas de Asturias.

    Fonte: La Nueva España

    08 de novembro de 2013

    Dúas estudantes do Bierzo (León) reivindican nun vídeo o uso do galego, nunha gravación que está a piques de lograr ás 3500 visitas. Leva unha morea de comentarios nas que galegos e non galegos espallados por diferentes partes do mundo lles mandan saúdos na nosa lingua.

    Fonte: La Voz de Galicia

    07 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Roberto Vidal Bolaño levan a Verín estes días a mostra itinerante “Roberto Vidal Bolaño”, promovida pola Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de novembro de 2013

    A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística presenta o informe “Investigación e lingua”, elaborado por un equipo dirixido por Alba Nogueira López, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder