Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de novembro de 2013

    O Concello de Santiago de Compostela e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto ata o 29 de novembro.

    Fonte: CTNL

    04 de novembro de 2013

    A Asociación Cultural O Brado deu a coñecer na Estrada os nomes dos distinguidos nesta edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística nas súas tres categorías.

    Fonte: El Correo Gallego

    04 de novembro de 2013

    O luns, 4 de novembro, celébrase o Día da Ciencia en Galego, dedicado este ano ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo. É o comezo dunha serie de actividades en toda Galicia.

    Fonte: Praza Pública

    04 de novembro de 2013

    A directora da Cátedra, María del Mar Larraza, explicou que, con ocasión deste aniversario, a Cátedra ”actualiza o seu obxectivo principal de promover a difusión do éuscaro e da cultura vasca no espazo universitario”, segundo informou nunha nota a Universidade de Navarra.

    Fonte: Noticias de Navarra

    04 de novembro de 2013

    Cataluña consolidará o sistema propio de certificados de primeira acollida para inmigrantes que solicitan o arraigamento, unha distinción que require o coñecemento da lingua e a cultura catalás para a súa obtención.

    Fonte: La Vanguardia

    03 de novembro de 2013

    Científicos do Microsoft Research Asia presentaron recentemente un software que permite ao Kinect, sensor de movementos desenvolvido para o Xbox 360, traducir a lingua de signos á linguaxe falada e viceversa. Por exemplo, un usuario pode falar ou escribir palabras no tradutor Kinect e o sistema transforma as palabras á lingua xestual por medio dun mecanismo virtual exhibido na pantalla.

    Fonte: Rondonia direta

    03 de novembro de 2013

    Nas primeiras clases do curso de portugués, o alumnado da Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín aprende os nomes dos oito países lusófonos, descubrindo que esta lingua non se fala unicamente en Portugal ou no Brasil.

    Fonte: Jornali

    01 de novembro de 2013

    Sen un cambio significativo das políticas actuais, o Reino Unido e os Estados Unidos non poderán incrementar o número de falantes competentes de linguas estranxeiras para poder seguir competindo internacionalmente no ámbito laboral e de servizos do futuro.

    Fonte: The Guardian

    01 de novembro de 2013

    A directora do departamento de Estudos Portugueses da Universidade de Macau espera que no Plan de Acción de Lisboa, pendente de aprobar pola Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), haxa unha referencia ao portugués como lingua oficial da Rexión Administrativa Especial chinesa, que ocupa unha posición estratéxica na difusión desta lingua en todo o continente asiático.

    Fonte: Observatório da Lingua Portugesa

    31 de outubro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva as actividades do programa ‘FalaRedes 2013’ a nove localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia durante estes días.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder