Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou un ano máis a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. Fíxoo cun acto académico no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago dirixido a alumnado de bacharelato ao que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística en representación do departamento dirixido por Vázquez Abad.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de novembro de 2013

    A Academia Valenciana da Lingua esixiulle ao Goberno autonómico que adopte de maneira “urxente” as “medidas oportunas” para garantir que os cidadáns desta comunidade teñan un medio de comunicación público no que se fale valenciano.

    Fonte: La Información

    07 de novembro de 2013

    O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior do Goberno de Navarra, Javier Morrás, asegurou que o idioma da rotulación dos coches da Policía Foral se decide por “criterios xeográficos” e afirmou que o seu departamento “non deu instrución ningunha de substituír as rotulacións en bilingüe por só en castelán”.

    Fonte: La Información

    06 de novembro de 2013

    Defensores da lingua galesa rexeitan o borrador dos orzamentos galeses que significarán uns recortes de máis de 1,5 millóns de libras en materia lingüística. Así mesmo, negan que se manteña o investimento na promoción e protección da lingua galesa, tal e como afirmou o ministro principal de Gales, Carwyn Jones.

    Fonte: Wales Online

    06 de novembro de 2013

    O Brasil subiu oito postos no índice de dominio da lingua inglesa (EPI, polas súas siglas en inglés), divulgado pola empresa de intercambio sueca Education First (EP). Agora, o país suramericano ocupa o lugar 38 e figura no grupo dos países con "baixo dominio" do idioma estranxeiro.

    Fonte: Veja

    06 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a nova edición de Culturgal, a feira das industrias culturais que se desenvolverá do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de novembro de 2013

    O obxectivo desta actividade é visibilizar e difundir o apoio ao proceso de normalización lingüística na Universidade da Coruña a través de fotografías con frases suxestivas sobre o uso da lingua galega no ámbito universitario.

    Fonte: Universidade da Coruña

    06 de novembro de 2013

    A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo contra o Concello da Coruña pola súa nova campaña 'Coruña Wapa' "na que se exclúe a lingua galega, recuperando en moitos dos soportes o topónimo ilegal 'La Coruña'", indica.

    Fonte: La Opinión

    06 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixida por Xesús Vázquez Abad incorpora nove novos bolseiros de formación, que impulsarán outros tantos proxectos de investigación lingüística que ten en marcha actualmente o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de novembro de 2013

    Gainditzen, a Asociación de Persoas Xordas de Tolosaldea e Goierri, presentou a cuarta edición do Festival Internacional de Cine en Lingua de Signos.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder