Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa a despregar os “Encontros dos Axóuxeres” en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de novembro de 2013

    A corporación que goberna os enderezos da internet, ICANN, vén de asinar o contrato de creación do dominio .gal coa Asociación PuntoGal, o que supón a culminación de sete anos de traballo nos que a sociedade galega se uniu para conseguir un distintivo de máximo nivel na rede, de xeito que a proposta galega para ter un dominio para a lingua e a cultura galegas xa non é unha candidatura, senón que se converte en operador dun dominio da internet.

    Fonte: Código Cero

    12 de novembro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á sesión extraordinaria pública que celebrou a Real Academia Galega con motivo da recepción como académico de honra de Arcadio López Casanova.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de novembro de 2013

    O catalán ocupa a 15 posición en número de artigos na Wikipedia. A edición en catalán da enciclopedia conseguiu o recoñecemento de Wikipedia perfecta, grazas ao feito de que recolle mil artigos con contido de notable calidade.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    12 de novembro de 2013

    Os responsables do Instituto Etxepare e Mintzanet asinaron un acordo grazas ao que porán en contacto a creadores vascos con estudantes estranxeiros da cultura vasca, sacando o éuscaro ao mundo. Deste modo, os creadores vascos, escritores, escultores ou músicos entre outros poderán dar a coñecer o seu labor aos estudantes estranxeiros.

    11 de novembro de 2013

    Máis de 700 estudantes portugueses da Universidade de Aveiro aprenderon nos últimos anos a escribir e a falar chinés despois de que esta lingua se integrase na Licenciatura de Linguas e Relacións Empresariais e nos mestrados en Estudos Chineses e en Linguas e Relacións Empresariais.

    Fonte: Rostos

    11 de novembro de 2013

    O descenso do número de cidadáns anglófonos que falan dúas linguas en Canadá preocupa ao comisario de linguas oficiais, Graham Fraser. Esta situación podería constituír un obstáculo para acadar certas melloras como, por exemplo, esixirlles aos xuíces do Tribunal Supremo Canadense que sexan bilingües.

    Fonte: La Presse

    11 de novembro de 2013

    O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) fixeron pública a resolución do Premio Xoán Manuel Pintos 2013, deseñado para recoñecer o labor das persoas ou entidades que axudan a impulsar a presenza da lingua na sociedade e ao mesmo tempo manter viva a figura do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de novembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron un encontro con representantes do departamento educativo de Castela e León, no que se confirmou o correcto desenvolvemento do protocolo de colaboración vixente entre ambas as dúas comunidades para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das zonas do Bierzo e de Sanabria.

    11 de novembro de 2013

    Co obxectivo último de facilitar o acceso económico ao libro usado e potenciar a lectura en éuscaro, Jardun desenvolverá, na carpa da praza Munibe de Bergara, unha feira de intercambio de títulos en éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder